Celebración do empate (Gol de Ferri).
E agora a celebración do segundo gol (tamén de Ferri), e os tres puntos quedan en Vilatuxe!!!
Hoxe conto coa colaboración de Santi ... de Boer que me enviou un resumen con todolos detalles do partido. Thank you for your collaboration!!
O BANDEIRA PERDE E CAÉSE DA ZONA DE ASCENSO
Ferri sentenciou para o Vilatuxe nun partido vibrante.Este domingo xogouse un emocionante partido entre o Vilatuxe F.C. e o S.D. Bandeira pertencente a xornada 14.
O Vilatuxe derrotou o Bandeira , un adversario directo para a loita polas prazas que dan lugar ó ascenso a Segunda Rexional.
Os primeiros 45 minutos foron vibrantes. Cando os espectadores aínda non se acomodaran nos seu asentos, o Bandeira, por medio de Víctor (min 15), abreu o marcador.
Despois dese tanto inicial, tivo unha clara ocasión Pepe que se enfrontou o porteiro logo dun pase entre liñas, e que rematou cunha vaselina ben executada e que pasou a rentes do pau da portería de Cuíña.
Posteriormente, despois dun centro ben executado entre porteiro e defensa na área do Bandeira foi de novo Pepe o que nou chegou por pouco para rematar a porta baleira.
A continuación a resposta do Bandeira chegou a balón parado a escasos metros da área local. Foi unha falta directa na que o Bandeira estreou o balón contra o longueiro rebotando para o posterior remate de cabeza ó fondo das mallas da portería de Ismael. O árbitro decretou un fóra de xogo moi reclamado polos xogadores do Bandeira.
Aquí estaría a clave do partido xa que o Vilatuxe en momentos de fraqueza soubo irse arriba. A posesión do balón foi do Vilatuxe, pero a incertidume estivo na dúas áreas donde houbo moita tensión. Varios disparos dende fóra da area visitante remataron con boas intervencións do porteiro Cuiña nas súas estiradas que sen dúbida foi o mellor xogador do equipo visitante.
Logo do descanso, co 0-1 no marcador, o Vilatuxe buscou o empate en todo momento. Pero o gol tardaría en chegar. Foi entón a mellor oportunidade para os locais nunha falta escorada ó borde da área, perfectamente lanzada por Varela na que entre o barullo da área aparecía Ferri para peitear o balón con estilo e certeza para que o balón caese nas redes de Cuiña. A partir dese intre o equipo foise máis arriba e con máis gañas xa que se vía que os tres puntos tiñan que quedar en San Lorenzo. A continuación, sería de novo Ferri o autor do segundo gol logo dun pase dende o medio do campo que deixábao só diante do porteiro para acabar cunha perfecta definición de tiro raso. Quedaban poucos minutos pero o Bandeira non soubo reaccionar xa que o Vilatuxe impuxo un alto ritmo constante en todo o partido. Acababa o partido cun resultado de 2-1. Así e todo chegado o final do partido viuse a alegría da afección local e dos xogadores xa que se proclamaban así campións de inverno.
Desta forma o Vilatuxe mantén viva a esperanza de conservar a coroa conquistadora que non logrou a tempada pasada.
Incidencias: Campo de San Lorenzo.Boa entrada coa presenza dus 200 afeccionados.
Despois da xornada nº 14 o táboa clasificatoria queda da seguinte maneira:
1.- Vilatuxe - 34
2.- Agolada - 34
3.- Berres - 29
4.- Cogalrodeiro B - 27
5.- Bandeira - 27
6.- Gresande - 26
7.- Cruces - 22
8.- Santiso - 22
9.- Piloño - 21
10.- Melide - 10
11.- Balouta.- 8
12.- Dozón.- 7
13.- Camporrapado.- 5
14.- Prevediños.- 4
2 comentarios:
moi boas...
parabéns Amparo por crear este blog con toda a ilusión..
agora campións de inverno!!estes días hai que celebralo xa que o equipo mereceo e ten todo o mérito..
saúdos, felices festas e bon nadal!!
jo..jo..jo..
Hola Santi!!
Estou dacordo ... hai que celebralo!!
Ou qué pasa??O Vilatuxe F.C. non ten cea de Nadal?? Eso non pode ser!!
¿Quén o encargado das ceas de confraternidad? :-)
Felices Festas a todos!!
Bye, bye Santi de Boer!!
Publicar un comentario