miércoles, 14 de enero de 2009

CRUCES 2 - VILATUXE 3

Estaba agardando a que o Mister buscara un intre na súa apretada axenda para actualizar o blog, pero a semana pasa e nothing of nothing.

Así que, aquí vos deixo unhas fotos do partido. Xa sei, a calidade das mostras fotográficas deixa moito que desexar pero que conste que é culpa do zoom :-)


Eu non vou a falar dos aspectos técnicos do partido, xa que para eso está o Mister e todolos expertos na materia. Ademáis, eu aínda que quixese, non sei.

Pero como aficionada futbolera podo decir que as condicións do campo de fútbol en fín …
Aquelo parecía unha pista de patinaxe. Cando os xogadores se achegaban as gradas co xeo que había parecía que estaban xogando o hockey.

O partido pódese decir que comenzou moi ben. Nos primeiros 45 minutos o Vilatuxe acadou unha cómoda ventaxa. Moncho meteu o primeiro gol para o Vilatuxe con un “remate maxistral” buff!! equivoqueime non foi “remate” senón “rebote” je je ... Bueno, é igual o caso é que entrou :-) Despois as botas de Santi e Varela fixeron que nos foramos ó descanso cun cómodo 0-3 no marcador.

Pero a volta do descanso, o partido deu unha imprevista viravolta. Non sei que pasou, quizáis por confiados, pero o Vilatuxe baixou o ritmo de xogo e o Cruces marcou os seus 2 goles ante un Vilatuxe que non se parecía en nada o da primeira parte. Na segunda parte o Cruces demostrou ser un equipo con moi bo toque de balón e que pode sorprender.

Por sorte, o resultado favoreceunos, pero eu estaba desexando que o árbitro pitara o final canto antes.

Decir que esta foi unha victoria moi importante, xa que a parte de acadar os tres ansiados puntos, Agolada perdeu, polo tanto xa non temos que compartir liderato con eles.

Esta semana somos os líderes indiscutibles!!

Parabéns equipo!!


Os resultados da xornada 15 foron os seguintes:

  • Berres 3 - Agolada 2
  • Cruces 2 - Vilatuxe 3
  • Bandeira 2 - Camporrapado 1
  • At. Melide 2 - Atl. Balouta 1
  • Cogalrodeiro B 3- Dozón 1
  • Atl. Gresande 2 - Prevediños 1
  • Santiso - Piloño (Apzdo)

Polo tanto a CLASIFICACIÓN queda da seguinte maneira:

  1. Vilatuxe 37
  2. Agolada 34
  3. Berres 32
  4. Cogalrodeiro B 30
  5. Bandeira 30
  6. Atl. Gresande 29
  7. Cruces 22
  8. Santiso 22
  9. Piloño 21
  10. At. Melide 13
  11. Atl. Balouta 8
  12. Prevediños 7
  13. Dozón 7
  14. Camporrapado 5

Na vindeira xornada partido importantísimo. Recibiremos no campo de San Lorenzo ó Golada. A ver qué pasa??

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boas..

este domingo tivemos un partido moi importante e difícil..sabiamos que o Golada podería tropezar contra o Berres..entón era a nosa ocasión..
Así foi..coma sempre creamos infinidade de ocasións..e permitimonos fallar ata 4 ou 5 veces diante do porteiro sos...

pero coma sempre marcamos primeiro e metimos mais..

so foi que na segunda parte confiamonos un chisco ou non soubemos acertar co ultimo pase..(xa que eles saian sempre ó fora de xogo)para sentenciar con dous ou tres goles mais..

espero que contra o Golada sexa un maior festin e non haxa erros diante do porteiro e si goles!!!
goles son amores..jjejejeje..!!

este sera un partido atractivo e para min o mais importante da tempada..

que entrenemos ben para conseguir domingo un bo resultado..

Ai que ROELOS!!coma ratos!!!
facelos picadillo..carne fresca para os cans...facelos en hamburguesas destas que non se comen...juaaaasss!!é un decir..que non se interprete mal.

veña e ánimo..aora si que necesitamos o apoio da afección!!

imola armar..!!

Anónimo dijo...

Hola!!

Eso, eso .... hai que machacalos!!
(futbolísticamente falando claro)

Este domingo partido importante e seguro que tamén emocionante.
Así que, solicito a presenza do maior número posible de afeccionad@s.
Sería ideal que viñeran nais, pais, mozas, arrimadas, tíos, sobriños, amigos, veciños, ....
Cantos máis mellor!!
Hai que animar ó equipo a tope!!

E de paso se queredes colaborar, carnet de socio!! je je ....

Bye, bye!!

Anónimo dijo...

Ola!!!!!!!!!
Por fin se actualizou o blog!!!!! Eu xa pensei que ibamos quedar ca felicitación de nadal pa sempre....
Bueno Amparo, congratulations por actualizala e por facerlle caso á miña petición, je je.
Sobre o partido do domingo pasado, decir que fixemos uns primeiros 45 minutos moi bos pero e que a segunda metade foi desastrosa.... En cinco minutos meteronnos dous goles, e eso pa un equipo que aspira a ascender son fallos imperdonables que pasan unha vez e nada mais. Eu non sei que lles pasou,pero baixaron moito, e o Cruces é o tipico equipo que na segunda parte sempre da guerra. Pero bueno,o importante e que ganamos e que o Golada perdeu, por fin!!! Agora este finde toca machacalos!!!! E darlles a entender que cando nos ganaron en Golada non foi porque o partido nos saise mal senon porque aproveitaron un despiste e marcaron.
A afición este finde ten que vir apollar ó equipo mais que nunca,posto que se gañamos produciralle a todo o equipo unha subida de moral moi importante.
Bueno voume despedindo porque xa me extendin demasiado, creo eu.

Xao!!!!!!!!!!!!!!!!!