Este domingo todolos que se acercaron o campo de "San Lorenzo" puideron ser testigos presenciais do partido máis interesante da xornada.
Xa que se enfrentaban os dous primeiros clasificados do grupo, e rivais directos na loita polo tan ansiado ascenso a segunda rexional.
O partido plantexábase complicado, pero o equipo soupo sair victorioso e darlle outra alegría máis a aficción que se deu cita para animar a tope!!As gradas estaban a reventar e todolos presentes foron testigos dun partido vibrante, intenso e moi emocionante, pero por desgraza salpicado polas numerosas sancións.
Os tres goles do Vilatuxe F.C. foron obra das botas de Michi en dúas ocasións e Marcos (de Boer).
Casi o remate do partido Michi transformou un penalti no gol que faría que os tres puntos quedaran na casa.
O penalti, como non, foi moi protestado polos visitantes.
Imaxe do penalti transformado en gol por Michi.
Non sabemos o que pasará de aquí a final de tempada, pero como as victorias hai que saborealas e disfrutalas unha a unha, ahí vos quedan algunhas imaxes que reflexan a alegría do equipo e da aficción por esta victoria tan importante!!
Parabéns equipo!!
Alégrome moitísimo por todos vos!!
Sodes dignos merecedores do liderato!!!
Este domingo toca outro oso moi duro de roer, o Berres.
O equipo desplazarase o seu feudo, para de novo enfrentarse o segundo clasificado do grupo, xa que o Berres grazas a súa victoria frente o Santiso e a derrota do Golada logrou acadar o segundo posto na táboa clasificatoria.
Ánimo equipo!!
2 comentarios:
Ola!!!!!!!
Bueno antes que nada quero felicitar ao equipo pola gran victoria deste fin de semana ante un dos rivais mais directos que temos. Felicidades!!!!!! Está claro que sodes os mellores!!!!!!!! Dende o minuto un foron a polo partido e eso queda reflexado sobre todo no resultado, posto que cando o Golada conseguiu o empate o equipo non decaeu e consegui acadar a victoria finalmente.Foi un partido de tensións e como non ia ser posto que tento o Vilatuxe como o Golada se xogaban moito. Creo que o unico malo deste encontro foron as duas expulsions que tivo o equipo; inxustas para min, pero bueno, vouno deixar asi.
Tamén teño que felicitar ós dous autores dos goles. Por un lado facer mención a ese golazo de falta directa realizado por Michi. Sen desmerecer tampouco o gol de Marcos e logo o penalti, claro.
Unha vez mais Vilatuxe felicidades polo partido do outro dia e espero que sigades nesta linea de xogo e disfrute cara a afición, que está cada vez mais contenta polo traballo que realizades!!!!
Vamos Vilatuxe!!!!!! Yes, we can,je je.
Ah!!! Amparo felicidades por como che quedaron postas as fotos, están moi ben, sobre todo a da imaxe do penalti, se a foto de por si xa a captaches no momento xusto, o retoque quedou moi ben.
Xao!!!!!!!!!
Hello delegada!!
Grazas polo teu comentario!!
O único comentario :-(
Tal e como pasa na maioría dos blogs, o contador de visitas reflexa que a xente entra a cotillear pero nada máis.
Os futboleros-as pasan por aquí, pero sen nada que decir. Que pena!!
Bye, bye!!
Publicar un comentario