Luis comenta que: a Alineación do Vilatuxe (1-4-1-3-2) foi a seguinte:
Cambios: Varela por Roger , Alex por Sánchez , Ferry por Michi, Santiso por Moncho e Toño por Alex.




O Prevediños chegou o San Lorenzo con tan só 10 xogadores e ca seguinte disposición táctica: 1-4-1-3-1 .
A posesión do balón foi do Vilatuxe (65-70%) tanto na primeira como na segunda parte.

VILATUXE 8 - PREVEDIÑOS O
O pasado domingo puidemos disfrutar dunha tarde con moi boa temperatura e con unhas condicións metereolóxicas óptimas para o disfrute deste deporte. A priori o partido ante o Prevediños presentábase por un lado fácil, pero por outro díficil de xogar pola desidia que presentaba o rival polas condicións cas que facía frente o partido.
Empezamos o partido vendo a un contrario moi replegado atrás e cas líneas moi xuntas, foi por eso que tardamos en entrar. Eles buscaban a saída por mediación de Luis (mellor xogador deles) que rompía moi ben a banda pola súa velocidade, pero que non chegaba con claridade a zona de definición. Nos tocabamos o balón moi lento e con pouca fluídez de movemento, e esto provocou que ata o minuto 30 non chegara o gol. Cangado e Ferri chegaban as zonas claves de remate, e Cangado chegou a desesperarse pola cantidad de foras de xogo que o árbitro lle pitaba, e salíuse un pouco do partido.
O primeiro tanto marcouno Varela, para a continuación seguir aumentado o noso marcador cos goles de Cangado e Santi. Nesta primeira parte catro balóns toparon cos paus e fumonos o descanso cun 3-0 no marcador.

Na segunda parte ca entrada de Roger enganchamos ben xogadas de ataque, pero caemos no erro de que eles se cerraban ben defensivamente, e nos intentabamos xogar moito polo centro e con balóns rasos dándolle sempre a ventaxa os defensas rivais.
As ocasións de gol chegaron cando empezamos a crear espacios por banda e xogando de maneira máis vertical, para crear outra vez ocasións constantes de gol na área rival. De feito sucederonse moitas situacións de parede e dous contra un sobre o rival, creando superioridades numéricas sobre a defensa do Prevediños. De forma que puidemos acadar a partir do minuto 15 da segunda parte multiples ocasións que nos deron 5 goles máis ( Cangado, Santi, Marcos, Sánchez e Michi)


En resumen decir que foi un partido un pouco aburrido, debido a endeblez do rival e a nosa apatía por non saber resolver situacións complicadas que nos iban surgindo durante o partido.--------------------------------------------------------
Resultados da xornada:
Berres 4 - Atl. Balouta 1
Camporrapado 1 – Mozón 0
Vilatuxe 8 – Prevediños 0
Agolada 5 – Piloño1
Cruces 4 – Santiso 3
Bandeira 0 - Atl. Gresande 0
At. Melide 2 - Cogalrodeiro B 2
Camporrapado 1 – Mozón 0
Vilatuxe 8 – Prevediños 0
Agolada 5 – Piloño1
Cruces 4 – Santiso 3
Bandeira 0 - Atl. Gresande 0
At. Melide 2 - Cogalrodeiro B 2
CLASIFICACIÓN:
1. Vilatuxe 52
2. Agolada 46
3. Berres 42
4. Bandeira 41
5. Cogalrodeiro B 38
6. Atl. Gresande 33
7. Cruces 32
8. Piloño 28
9. Santiso 25
10. At. Melide 23
11. Atl. Balouta 10
12. Camporrapado 9
13. Prevediños 7
14. Dozón 7
2. Agolada 46
3. Berres 42
4. Bandeira 41
5. Cogalrodeiro B 38
6. Atl. Gresande 33
7. Cruces 32
8. Piloño 28
9. Santiso 25
10. At. Melide 23
11. Atl. Balouta 10
12. Camporrapado 9
13. Prevediños 7
14. Dozón 7
2 comentarios:
Ola!!!!!!!!
E despois do super comentario do mister.....quen o vai superar??? vamos que ten de todo, eu dimito como futura comentarista porque quedaria moi mal ó seu lado, je je.
Xao!!!!!!!!!
Hola Vane!!
A verdade é que a crónica de Luis non lle falta detalle. Quedoulle super profeional.
Buff!! están poñendo o listón tan alto que .... creo que eu tamén dimito como futura comentalista deportiva. Hai que deixarlle estas cousas os expertos futboleros je je ....
Estou esperando que me fagas chegar a crónica do partido do domingo para adxuntarlle as fotos e publicala. ¿A ver a quen convences para que se anime a facela??
Bye, bye!!
Publicar un comentario