miércoles, 9 de septiembre de 2009

VILATUXE 1 - RODEIRO 2

Este domingo o Vilatuxe F.C. estreou categoría, tempada, novos fichaxes, nova equipación, novas ilusións, ...... Pero por desgraza a maior eficacia de cara o gol por parte do equipo visitante fixo que os tres primeiros puntos que nos xogabamos contra o Rodeiro marcharan de Vilatuxe.


Cambios: Iván, Rozas e Michi.

Na alineación titular do domingo contabamos ca maioría das novas fichaxes, pero tan só con tres xogadores do equipo de terceira que o ano pasado acadou o ascenso e o título ligueiro.




O mister topou un equipo ilusionado, pero o mesmo tempo nerviso polo período de adaptación no que se encontran os novos xogadores.






Según me contan os que puideron ver o partido, xa que eu so o vin por momentos porque estaba a cobrar os carnets dos socios que un ano máis colaboran co club cas súas aportacións, o partido por momentos tornabase algo aburrido por falta de ocasións por parte de ambos equipos. Aínda que xa na primeira metade dispuxemos de algunha oportunidade (por exemplo Ferreiro solo, Jota de falta, Cesar en dúas faltas que non encontrar rematador, ...)

Na primeira parte a falta de definición diante da portería fixo que non houbese gol e que nos foramos o descanso co marcador a ceros.

Xa na segunda metade o equipo visitante estreou o marcador grazas o gol marcado por Serafín. Pero aproximadamente no minuto 25 Ferreiro anotaría o empate no marcador e levantaría os animos do equipo. Casi o remate do encontro o Rodeiro marcaría o seu segundo gol, pero o Vilatuxe aínda mantuvo a ilusión e estivo a piques de acadar o empate cun remate de cabeza de Rozas que pararía Macanas.

Esta semana ó Vilatuxe non lle queda outra que rumiar a primeira derrota da tempada, e tentar poñer esforzo e ilusión para as próximas xornadas.

Ánimo equipo!!


Ah!! posto que estreamos equipación, darlle as grazas a ABADES por patrocinar ó equipo un ano máis.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Fotógrafo oficial do encontro: Pepe "o sancionado" je je ...

Gracias pola colaboración!!

Anónimo dijo...

Aqui non pode opinar calquera ¿?non existe a liberdade de expresion neste blog de futbol? que o Vilatuxe perdeu 6-2 este finde semana é algo real, non sei porque non se pode decir e por que se borran os comentarios anonimos que non interesan ou que non son favorecedores para o equipo,toda critica, boa ou mala debe ser aceptada.

Anónimo dijo...

perdon que non o borraches, equivoqueime de entrada, o non estar en segunda regional non significa que non se poida opinar igual non???

Anónimo dijo...

Que sepas que aquí pode opinar quen lle plazca, xa que neste blog respétase a "libertad de expresión das persoas con nome e apelidos". Pero recordoche que ti só es un "anónimo cobarde" que fixo un chiste fácil.

Polo tanto podría borrar o teu comentario se así o vira conveniente, pero non o fixen, porque como xa che dixen pareceume moi gracioso, original e valiente ja ja ja ...

Por último decirche que se ti fas uso do teu "dereito de libertad de expresión", eu fago uso do meu "dereito de rectificación e resposta". O.K.??

Anónimo dijo...

Querida Amparo :
solo te voy a hacer una pequeña y humilde sugerencia.
Me gusta este blog,las entradas no estàn mal, apoyando siempre al equipo.
tan solo exponerte una pequeña idea,
creemos que estarìa bien que en el blog hicierais alguna entrada dedicada a los jugadores.Aunque ellos están presentes en todas... apostamos por algo más innovador,donde cualquiera que vea este blog pueda conocer o saber las mejores cualidades de cada uno de ellos.
Y seguro que a ellos les gustaría.
Solo una opiniòn más........
un saludo.
PD: Aficion do Vilatuxe-

Anónimo dijo...

Hola!!

Gustaríame que te identificaras para falar con alguen en concreto e non con un anónimo que se despide como afición do Vilatuxe.
Pero de todas maneiras, gracias pola túa suxerencia!!
Calquer idea que pretenda mellorar o blog do equipo sempre é benvida!!

Polo tanto tentarei facer ós xogadores máis protagonistas do que xa son.

Por outro lado, sintoo que as miñas entradas "non esten mal", tento facelo o mellor posible. Pero weno .... estou dacordo que todo se pode mellorar.

Saudiños!!