martes, 20 de abril de 2010

lunes, 15 de marzo de 2010

HOMENAXE A FRANCIS

O pasado domingo o Vilatuxe F.C. quixo rendir unha humilde homenaxe a Francis, amigo, compañeiro e veciño de todos nós.

Na mema fíxolle entrega os seus familiares da camiseta que Francis vestía cando foi xogador do equipo, e unha fotografía do equipo do que formaba parte.




Dende aquí queremos recordar a Francis, para que a súa vida perdure por sempre no recordo de quen tuvemos o privilexio de coñecelo. Todos lle gardaremos un pedaciño do noso corazón para que nel D.E.P.

viernes, 1 de enero de 2010

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2010

Brindo por un próspero ano 2010 no que poidamos acadar con saude todas as nosas metas. Tamén brindo por que estas festas nos traigan felicidad. Damén brindo pod que ganeeemos paltidooss. Grindo damen dor gue deñamosss buuuchos regaditosss…. E cuidadiiinn gon a garretera, eeeh, guchachoooossss…. hip… ziii bebes nooonn gonducag .... jua jua ....

martes, 1 de diciembre de 2009

VILATUXE 5 - TABEIRÓS 1

Este domingo O Vilatuxe acadou unha cómoda goleada contra o Tabeirós en San Lorenzo. E para contarnos como aconteceu todo no partido, esta semana conto coa colaboración de Jota que se estrea como cronista deportivo no blog.



A alineación contra o Tabeirós foi a seguinte:


Cambios: Rozas, Quintá, Varela e David.


Jota comenta que:

A previsión do tempo traia grandes choivas para o domingo, pero o día aguantou e deuse xogado o fútbol no San Lorenzo.
Luis puxo novedades no 11 titular, metento a Iván no lateral izquierdo e subindo a Jota ó medio campo, e xogando cun solo punta e dous medias puntas.
O partido foi tranquilo pos de Luis, empezamos cun gol de corner sacado por Michi e rematado por Cesar que lle deu o último toque para dentro o balón. Despois meteu Santiso (que xa era horas) mediante unha falta sacada no lateral da área, no primeiro remate petou o balón no pao e quedoulle o balón a placer para acadar o gol a favor do Vilatuxe. O terceiro gol caeu de penalti que se produciu por un centro que o central do Tabeirós tocou ca mán dentro da área. Tirouno Michi e aínda que inicialmente fallou, o árbitro mandouno repetir porque un dos xogadores do Taberiós estaba xa casi metido na portería, e na repetición foi cando anotamos o 3-O no marcador. E con este resultado chegou o descanso.
Xa na segunda parte do partido o Tabeiros quería máis, e os de Vilatuxe empezaron relaxados. O numero 11 do Tabeirós (Marcos) meteu un gol que na vida o volverá a repetir, desde a frontal o balón entrou na escuadra esquerda do porteiro.
Os de Luis pronto encenderon e meteron un centro forte, e o central do Tabeirós(Zipi) que parecía dianteiro do Vilatuxe marcou o cuarto gol a favor do Vilatuxe.
Despois houbo un parón de xogo nos dous equipos porque chovia moito, e Luis aproveitou para facer os cambios. Entrou Rozas no lateral izquierdo por Iván, Quintá por Michi na media punta, Varela por Campos no medio campo, e David por Cesar na posicion de central.
O Vilatuxe dispuxo de algunhas ocasións máis como o tiro de Varela que petou no pao e despois no outro pao para terminar quedando o balón quieto na línea por culpa da lama que había alí. O último gol meteuno Bandeira, cun pase por encima da defensa que controlou e o porteiro apartoulle o balón. Así anotouse o definitivo 5-1.

Non houbo máis ocasións claras de gol e finalmente o árbitro pitou o final do partido, para ir todos ver o Barça – Madrid, que ibamos xustos de tempo...
Parabéns ó equipo!!
(E moitas gracias a Jota pola súa colaboración.)

lunes, 30 de noviembre de 2009

RESULTADOS XORNADA 13. (29-11-09)

Sigüeiro 0 - Estudiantil 1
O Pino 2 - Vea 1
Portomouro 1 - A Baña 0
Villestro 3 - Silleda 0
Cogalrodeiro 0 - San Mamed 3
Laro 2 - Cacheiras 4
Dubra B 2 - San Marcos 2
Vilatuxe 5 - Tabeirós 1
Montaos - Agolada (Susp)
_____________________