martes, 24 de febrero de 2009

VILATUXE 8 - PREVEDIÑOS 0

Esta semana conto coa colaboración do Mister, que se estrea como cronista deportivo no blog, e de que maneira ...... l!!

Luis comenta que: a Alineación do Vilatuxe (1-4-1-3-2) foi a seguinte: Cambios: Varela por Roger , Alex por Sánchez , Ferry por Michi, Santiso por Moncho e Toño por Alex.



O Prevediños chegou o San Lorenzo con tan só 10 xogadores e ca seguinte disposición táctica: 1-4-1-3-1 .

A posesión do balón foi do Vilatuxe (65-70%) tanto na primeira como na segunda parte.


VILATUXE 8 - PREVEDIÑOS O

O pasado domingo puidemos disfrutar dunha tarde con moi boa temperatura e con unhas condicións metereolóxicas óptimas para o disfrute deste deporte. A priori o partido ante o Prevediños presentábase por un lado fácil, pero por outro díficil de xogar pola desidia que presentaba o rival polas condicións cas que facía frente o partido.

Empezamos o partido vendo a un contrario moi replegado atrás e cas líneas moi xuntas, foi por eso que tardamos en entrar. Eles buscaban a saída por mediación de Luis (mellor xogador deles) que rompía moi ben a banda pola súa velocidade, pero que non chegaba con claridade a zona de definición. Nos tocabamos o balón moi lento e con pouca fluídez de movemento, e esto provocou que ata o minuto 30 non chegara o gol. Cangado e Ferri chegaban as zonas claves de remate, e Cangado chegou a desesperarse pola cantidad de foras de xogo que o árbitro lle pitaba, e salíuse un pouco do partido.

O primeiro tanto marcouno Varela, para a continuación seguir aumentado o noso marcador cos goles de Cangado e Santi. Nesta primeira parte catro balóns toparon cos paus e fumonos o descanso cun 3-0 no marcador.

Na segunda parte ca entrada de Roger enganchamos ben xogadas de ataque, pero caemos no erro de que eles se cerraban ben defensivamente, e nos intentabamos xogar moito polo centro e con balóns rasos dándolle sempre a ventaxa os defensas rivais.
As ocasións de gol chegaron cando empezamos a crear espacios por banda e xogando de maneira máis vertical, para crear outra vez ocasións constantes de gol na área rival. De feito sucederonse moitas situacións de parede e dous contra un sobre o rival, creando superioridades numéricas sobre a defensa do Prevediños. De forma que puidemos acadar a partir do minuto 15 da segunda parte multiples ocasións que nos deron 5 goles máis ( Cangado, Santi, Marcos, Sánchez e Michi)



En resumen decir que foi un partido un pouco aburrido, debido a endeblez do rival e a nosa apatía por non saber resolver situacións complicadas que nos iban surgindo durante o partido.

--------------------------------------------------------
Resultados da xornada:

Berres 4 - Atl. Balouta 1
Camporrapado 1 – Mozón 0
Vilatuxe 8 – Prevediños 0
Agolada 5 – Piloño1
Cruces 4 – Santiso 3
Bandeira 0 - Atl. Gresande 0
At. Melide 2 - Cogalrodeiro B 2

CLASIFICACIÓN:

1. Vilatuxe 52
2. Agolada 46
3. Berres 42
4. Bandeira 41
5. Cogalrodeiro B 38
6. Atl. Gresande 33
7. Cruces 32
8. Piloño 28
9. Santiso 25
10. At. Melide 23
11. Atl. Balouta 10
12. Camporrapado 9
13. Prevediños 7
14. Dozón 7

OUTRA CENA MÁIS ... E PAGA TOÑO!!!

Aproveito para facer un recordatorio je je ......

Oye Toño se me aceptas un consello polo ben da túa economía diríache que non apostes máis, porque da igual que lle poñas o listón alto ... por zamparse unha cea marcan 9, 8 ou os que fagan falta!! je je ....


Pero o mellor de todo é que levan 80 goles en 20 partidos!!! E tan só 15 goles en contra!!

CARNAVAL NO "SAN LORENZO"

Este domingo a parte da sempre emocionante tarde de fútbol, houbo toques de carnaval antes do partido con esta sevillana futbolista e un porteiro medio payaso je je ....

E despois do partido orellas, rosquillas e un refrigerio.

jueves, 19 de febrero de 2009

RANKING GOLEADORES VILATUXE F.C.

O Vilatuxe F.C. leva 72 goles en 19 xornadas, é decir unha media de 3,8 goles por partido. Non está nada mal, ¿verdad?.
Decir que non hai ningún equipo en primeira división con esa media.
Parabéns equipo!! Xa que como resultado dun moi bo traballo en equipo, sodes o equipo máis goleador(72), e o mesmo tempo o menos goleado(15).

lunes, 16 de febrero de 2009

DOZÓN 0 - VILATUXE 9

Esta semana comenta o partido nin máis nin menos que o pichichi do Vilatuxe F.C. :

Ferry comenta que:

O VILATUXE VENCE A SÚA BESTA NEGRA DOS ÚLTIMOS ANOS.

O Vilatuxe foi quen de vencer, tras varios anos, o Dozón F.C. no seu campo da "Curuxa".

A priori non era a mellor tarde para que isto sucedese dado o nº de baixas (outro domingo máis) cos que acudía, ben por lesións (Gaspar), sancións (Michi) ou por efectos derivados do Cocido (........) ja ja.

O partido en sí non tivo moita historia e o Vilatuxe foi o claro dominador do partido dende o primeiro minuto. O porteiro Marcos era un mero espectador, e vía como os goles ían caendo a medida que pasaba o tempo. Ferry foi autor dos 5 primeiros goles (ademáis de fallar un penalty) grazas os centros e asistencias precisas de Varela, Marcos, Quintá e o debutante Roger (CR7) que debutou cun máis que destacado papel.

Despóis do descanso, o equipo seguiu dominando e o Dozón tampouco facía moito por evitar a sangría de goles. Froito diso, chegaron os goles de Santi (con 2) Marcos e Sergio que tras o gol do domingo pasado, empeza a apretar na lista de Goleadores a Cangado, Michi e Santi, ja ja ja ..

En definitiva, o Vilatuxe suma 3 puntos que o acercan un pouco máis o seu obxetivo desta tempada: o ansiado título ligueiro. Un obxetivo que Domingo a Domingo está a demostrar que merece TODO O EQUIPO.




Resultados da xornada:


Atl. Balouta 2 - Camporrapado 2
Dozón 0 - Vilatuxe 9
Piloño 2 - Cruces 1
Santiso 1 - Bandeira 2
Atl. Gresande 1 - At. Melide 0
Cogalrodeiro B 0 - Berres 0
Agolada 2 - Prevediños 1

CLASIFICACIÓN:

1. Vilatuxe 49
2. Agolada 43
3. Bandeira 40
4. Berres 39
5. Cogalrodeiro B 37
6. Atl. Gresande 32
7. Cruces 29
8. Piloño 28
9. Santiso 25
10. At. Melide 22
11. Atl. Balouta 10
12. Prevediños 7
13. Dozón 7
14. Camporrapado 6

lunes, 9 de febrero de 2009

VILATUXE 4 - BALOUTA 1

Esta semana conto coa colaboración de Alex e Santi que me enviaron as seguintes crónicas do partido.

Alex comenta que:

O domingo disputouse no campo de San Lourenzo a quinta xornada da segunda volta na que o Vilatuxe acadou unha victoria máis e saca un balance de cinco victorias consecutivas nesta segunda volta, e segue líder destacado do campionato, co que xa está máis cerca do obxetivo desta tempada: o campionato ligueiro e o conseguinte ascenso a segunda rexional.

O partido foi un monólogo para os pupilos de Luís, a pesares de contar con numerosas e importantes baixas como as de Santi, Varela e Quintá. E bueno, tamén é certo, que contamos ca volta os terreos de xogo de Santiso despois da súa grave lesión.


O Vilatuxe entrou no partido algo frío concedendo ó rival máis ocasións das de costume, pero a medida que avanzaba o encontro, comezamos a dominar facendo incluso xogadas que nada lle envexan ás do Barcelona de Pep Guardiola, quero pensar que froito desto, da impotencia de que che movan o balón dun lado para outro e ti só poidas mirar como o fan, foran as durísimas entradas que levaron a cabo os xogadores do Balouta, sendo algunhas de merecidas expulsións que non se produciron, a pesar delo o árbitro fixo unha moi boa labor co silbato, sendo das mellores actuacións arbitrais que pasaron polo noso campo.

O Vilatuxe comezou adiantándose no marcador con un gol de Ferri que desfixo o 0-0 e non sen tempo xa que antes xa se fallaran numerosas actuacións. Xa na segunda metade o 2-0 foi obra de Marcos rematando en gol un preciso córner botado por Michi. O Balouta recurtaría as diferenzas cun gol tamén de córner de Morientes. Xa na segunda metade chegaron os goles da sentenza de Sergio metendo un trallazo desde trinta metros logo do rechace dun córner, con este tanto marcaba o seu primeiro gol da tempada.


O 4-1 foi obra de Michi que culminaba á contra do mellor equipo da terceira rexional.
Unha xornada máis saíndo victoriosos dun partido contra un equipo sempre complicado. Xa queda menos para cumplir os obxectivos.

O seguinte partido será contra un rival que sempre se nos atraganta e máis no seu campo, como é o Dozón, pero esperamos poderlle gañar os tres puntos dunha vez por todas, xa que sempre no-los rouban, e terémolo que facer con bastantes baixas outra xornada máis, provocadas polas sancións como a de Michi, e outras provocadas por compromisos pola Feira do Cocido. Sexa como sexa, sairemos a gañar para darlle unha alegría máis a nosa afección.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

E agora, a crónica do partido según Santi I.V., que esta fín de semana adicouse a animar co resto dos aficcionados xa que estaba a cumplir unha sanción por acumulación de tarxetas, o igual que Varela (ausente polo mesmo motivo) e Gaspar (ausente por lesión).

Santi comenta que:

O VILATUXE F.C. SEGUE GAÑANDO, E OS DE MUIMENTA SAIRON DERROTADOS DE SAN LORENZO ANTE UN VILATUXE INTRATABLE.

O Vilatuxe segue coa sua xeira de conseguir a victoria, ante o Balouta no campo de San Lorenzo, grazas aos goles dun ex-xogador dos visitantes como é Ferri, Marcos, Serxio e Michi.

Uns estaban extasiados por acadar de novo un triunfo valiosísimo e outros 'tocados' por seguir nos postos baixos da táboa, pero o 'efecto Ferri' exerceu como tal para os de Luis Pichel, que conseguiron unha notable segunda metade.

Logo do primeiro gol de Ferri ó cabecear un formidable centro a área de Marcos no minuto 26, o Balouta intentou non baixar os brazos e seguir o ritmo do Vilatuxe.

Os líderes actuais da liga continuaron creando xogadas nas que a balón parado aproveitaban para crear perigo con remates axustados que saían a rentes da portería visitante. Nun deses centros a área Pepe vería como o árbitro da contenda lle anularía un gol por posible fora de xogo.

A situación entre os dous equipos era igualada posto que os equipos foronse ó descanso co 1-0 a favor dos locais.

No comezo da segunda metade viuse un Vilatuxe máis combativo e sabedor de que o tanto inicial sabia a pouco xa que o Balouta tamén se acercaba con perigo a meta defendida por Marcos. Sería nas botas de Rozas por parte dos visitantes, onde se producían as mellores achegadas a meta local nas que el mesmo non sabía definir errando dúas claras ocasións de gol ó borde da área. A partir de aquí, o Vilatuxe impuxo a súa agresividade e logo dun centro ben efectuado por Michi sería Marcos quen cun cabezado certeiro poñería o 2-0 no marcador. Foi entón cando se notaba que os locais se ían cada vez máis arriba e crían na súa superioridade ante o rival. Sería entón nun contrataque ben efectuado polos de Muimenta, onde chegarían a rematar dende fóra da área cun tiro preciso e axustado que Marcos despexou pero que acabou na rede logo de bater pola parte baixa do longueiro. Sería o 2-1 a favor dos locais.

Dende isto, o Balouta comezaba a ver que aínda tería ocasión do empate e facían aínda máis do que podían. Non chegarían ó seu propósito xa que o Vilatuxe demostraba unha gran facilidade para chegar a área rival, creando numerosas oportunidades. O 3-1 chegaría logo dun tiro efectuado polo goleador Cangado, que foi repelido polo meta rival Iván, o balón caería no pico da área grande onde o indiscutible lateral Serxio permitía aumentar a renta cun trallazo que rozaría a cepa do pau entrando o balón como se de un misil se tratase.

A afección local estusiasmada con aumentar a goleada vería como Michi, antes do pitido final, convertiría o cuarto e definitivo tanto despois dunha fenomenal vaselina ben executada que Iván só puido mirar como entraba.

Así, o Vilatuxe aproveitou as carencias do rival para facer gol, ademáis das dificultades que tiñan sendo no propio estadio do líder, pero, sobre todo, aproveitou para seguir gañando o respeto acadado durante estes últimos meses con partidos contra rivais directos, onde o vendaval dos de Luis Pichel pudo con todo.

Con isto, cada xornada que transcorre estamos a ver a un Vilatuxe F.C. que sufre, erra múltiples ocasións, remonta, golea...pero que pasa? QUE SEMPRE GAÑA. Preguntaremonos se estes xogadores son doutra Galaxia? quizais doutro Planeta? ata onde chegará este equipo? chegará a batir todos os rexistros históricos do clube?


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Acaba de surgir outro comentalista de última hora, así que ahí vos queda a súa crónica do partido e unha foto de Raquel (a nosa presidenta) e Victor.


Victor comenta que:

Foi un partido con unha soa cor, o vivido o pasado fín de semana, no campo do San Lourenzo. Xa que dende o primeiro momento os de Pichel, aínda que con un Vilatuxe un pouco Light polas baixas de Varela e Quintá entre outros, os azulillos foron os claros dominadores.

Dende o primeiro segundo os locales mantiveron a posesión do balón, o que ocasionou múltiples ocasións de gol que culminaría a primeira de elas o goleador da temporada Ferry, logo dunha boa xogada trenzada de Marcos con gol de cabeza (para variar) do Killer transcorrendo o minuto 25.
Con este resultado iriase o descanso, para chegar a unha segunda metade con aínda máis superioridade, os poucos minutos o segundo gol dos locais, que saiu do cruceño Marcos.

Todo parecía en calma, ata que cunha xogada aillada o Balouta consigueu anotar o seu único tanto, con un disparo lonxano,

Pero o pouco tempo, voltaron os de Muimenta a toparse ca realidade e coa superioridade aplastante dos azulillos, con unha falta lanzada polo artilleiro Michi que se topou co pau, e que soupo rematar Sergio con un disparo seco dende fora da área que foi acabar na rede do conxunto visitante.

Non rematou ahí a cousa, senón que quedando un minuto para o final e cunha perfecta xogada individual do multiusos Víctor, con pase por encima da defensa a Michi que culmina cunha vaselina para conseguir o definitivo 4-1, xusto e definitivo resultado.

Agradecer tamén a boa actuación arbitral e o bo saber facer da nosa afición.

RESULTADOS XORNADA 19

Berres 7 - Camporrapado 0
Vilatuxe 4 - Atl. Balouta 1
Agolada 4 - Dozón 1
Cruces 5 - Prevediños 4
Bandeira 2 - Piloño 2
At. Melide 1 - Santiso 0
Cogalrodeiro B - Atl. Gresande(Susp)

A CLASIFICACIÓN:

1. Vilatuxe 46
2. Agolada 40
3. Berres 38
4. Bandeira 37
5. Cogalrodeiro B 36
6. Cruces 29
7. Atl. Gresande 29
8. Piloño 25
9. Santiso 25
10. At. Melide 22
11. Atl. Balouta 9
12. Prevediños 7
13. Dozón 7
14. Camporrapado 5

O VILATUXE É O EQUIPO MENOS GOLEADO.

Con tan sólo 15 goles encaixados dentro da súa portería, Marcos é o porteiro menos goleado da categoría.

Que sería do Vilatuxe F.C. sin as intervencións do noso porteiro Dj Kintana??


Marcos sabe posicionarse con habilidade e posúe seguridade entre os tres paus. En numerosas ocasións arranca o aplauso e os berros da aficción coas súas paradas e a súa maneira de cubrir a portería.

A hora de facer as crónicas dos partidos casi sempre nos olvidamos de facer referencia o porteiro e tamén os defensas (Toño, Moncho, Sergio, Sánchez, Marcos, ....). Sendo estes unha parte imprescindible para o bo funcionamento do equipo. Ata o de agora só fixemos alusión os centrocampistas, dianteiros e sobretodo os autores dos goles. Así que hoxe toca reconocerlle a Marcos e os defensas o mérito que ten ser o equipo menos goleado da categoría.

viernes, 6 de febrero de 2009

XORNADA 19 NO "SAN LORENZO"

Este ano o Atl. Balouta está máis ben acostumbrado as derrotas, xa que só conta con dous partidos ganados, polo tanto este domingo chegará a Vilatuxe ansioso por saborear algunha victoria.
Algo díficil penso eu, pero ..... ¿¿A ver qué pasa??

Ánimo Vilatuxe!!

miércoles, 4 de febrero de 2009

CENA NA ROBLEDA!!

Un suposto temporal fixo que todalas actividades deportivas fosen suspendidas.
Polo tanto a xornada nº 18 foi aplazada, e esta fín de semana non houbo fútbol.
O Vilatuxe púxolle o mal tempo boa cara e foise de cena a Robleda.

Atendendo as queixas anónimas de algunhos xogadores que protestaron porque poñemos poucas fotos no blog, ahí tedes!! ... será por fotos.


Alex & Michi.

Miguel (veterano do Vilatuxe F.C.) & Santiso.

Cangado & Varela.

Sergio & Santiso.

Santi & Victor.
Roger & Marcos.

Luis (Mister)

Toño & Gaspar.

Sánchez & Alex.

Pepe & Diego.

Eloy (Segundo) & Rozas.
Moncho & Ramos (Directivo)
Toño & Marcos (Porteiro Dj Kintana)


Toño ("The boss")

José Luis & Pepe (Directivos)


Ramos (Directivo chateador) je je .... él xa sabe porque llo digo.

Eu & Raquel (Presidenta)

Lola (Directiva)

Delegada & Eu & Presidenta
Ahí vos quedan fotos de todolos menbros do Vilatuxe F.C. (xogadores, directiva e mister)
Faltan Ferri e Quintá que non viñeron a cea.
Agora que vos cumplín o gusto de poñer máis fotos, a ver si vos comentades algo.
Bye, bye!!