De izquierda a dereita (Fila superior: Pepe, José Luis, Eloy, Cangado, Alex, Victor, Toño, Sánchez, Michi, Alex, Pepe, Marcos, José, super delegada Vanesa e unha menda; Fila de abaixo: Rozas, super entrenador Luis, Quintá, Santi, Gaspar, Ferri, Marcos, Sergio, Varela, Santiso e Ramos).
Este equipo ten todolos ingredientes para estar ahí arriba. Temos moi bo equipo, moi bo entrenador, e como non unha moi moi boa directiva je je .... Na foto faltan Lola e Raquel que completan a directiva máis femenina do Deza, e tamén Toño alias "churrasqueiro radical do Vilatuxe F.C." je je ....
Parabéns equipo!! Estamos no posto number one, somos o equipo menos goleado e temos un gol average impresionante. En resumen, somos os mellores!! (por agora je je ...) Hai que seguir así, ou mellor se se pode.
Onte dou comenzo a segunda volta da tempada 2008-09 en terceira rexional grupo 10, e hoxe nace o blog do Vilatuxe F.C.
Espero que este blog sirva de lugar de encontro entre aficionados, mister, xogadores, directivos e como non de todos aqueles que se consideren fulboleros-as. Tamén espero que si algunha vez meto o zoco cos meus comentarios fulboleros me sepades disculpar. Xa que os meus coñecementos do reglamento futbolísticos son máis ben excasos, non por ser muller que quede claro, senón porque son novata nesto do fútbol e quedame moito moito que aprender, e ademáis como son radical do Vilatuxe non analizo os partidos de forma obxectiva :-)
Os comentarios deste blog irán sempre con intención de alabar os resultados do club, e manter informados os seguidores.
Por suposto espero contar coa axuda de moitos colaboradores para que este blog este sempre actualizado cos resultados de cada xornada, e con todolos acontecementos relacionados co club. Se alguen se quere prestar voluntario para comentar os partidos, acepto e espero colaboradores!!!
Eu ofrezcome voluntaria para retratar as mellores imaxes de cada partido (se son con posado aínda mellor ...)
Bye, bye futboleros!! e benvidos o blog do Vilatuxe F.C.
Vilatuuuuuxe bien bien bien!!!!