martes, 1 de diciembre de 2009

VILATUXE 5 - TABEIRÓS 1

Este domingo O Vilatuxe acadou unha cómoda goleada contra o Tabeirós en San Lorenzo. E para contarnos como aconteceu todo no partido, esta semana conto coa colaboración de Jota que se estrea como cronista deportivo no blog.



A alineación contra o Tabeirós foi a seguinte:


Cambios: Rozas, Quintá, Varela e David.


Jota comenta que:

A previsión do tempo traia grandes choivas para o domingo, pero o día aguantou e deuse xogado o fútbol no San Lorenzo.
Luis puxo novedades no 11 titular, metento a Iván no lateral izquierdo e subindo a Jota ó medio campo, e xogando cun solo punta e dous medias puntas.
O partido foi tranquilo pos de Luis, empezamos cun gol de corner sacado por Michi e rematado por Cesar que lle deu o último toque para dentro o balón. Despois meteu Santiso (que xa era horas) mediante unha falta sacada no lateral da área, no primeiro remate petou o balón no pao e quedoulle o balón a placer para acadar o gol a favor do Vilatuxe. O terceiro gol caeu de penalti que se produciu por un centro que o central do Tabeirós tocou ca mán dentro da área. Tirouno Michi e aínda que inicialmente fallou, o árbitro mandouno repetir porque un dos xogadores do Taberiós estaba xa casi metido na portería, e na repetición foi cando anotamos o 3-O no marcador. E con este resultado chegou o descanso.
Xa na segunda parte do partido o Tabeiros quería máis, e os de Vilatuxe empezaron relaxados. O numero 11 do Tabeirós (Marcos) meteu un gol que na vida o volverá a repetir, desde a frontal o balón entrou na escuadra esquerda do porteiro.
Os de Luis pronto encenderon e meteron un centro forte, e o central do Tabeirós(Zipi) que parecía dianteiro do Vilatuxe marcou o cuarto gol a favor do Vilatuxe.
Despois houbo un parón de xogo nos dous equipos porque chovia moito, e Luis aproveitou para facer os cambios. Entrou Rozas no lateral izquierdo por Iván, Quintá por Michi na media punta, Varela por Campos no medio campo, e David por Cesar na posicion de central.
O Vilatuxe dispuxo de algunhas ocasións máis como o tiro de Varela que petou no pao e despois no outro pao para terminar quedando o balón quieto na línea por culpa da lama que había alí. O último gol meteuno Bandeira, cun pase por encima da defensa que controlou e o porteiro apartoulle o balón. Así anotouse o definitivo 5-1.

Non houbo máis ocasións claras de gol e finalmente o árbitro pitou o final do partido, para ir todos ver o Barça – Madrid, que ibamos xustos de tempo...
Parabéns ó equipo!!
(E moitas gracias a Jota pola súa colaboración.)