miércoles, 16 de septiembre de 2009

CENAMOS PAELLA ...ÑAM ÑAM!!!

O venres día 11 chamamos o noso "Arguiñano particular" para que viñera a cociñar unha boa paella para celebrar o comenzo da tempada, dar a benvida os novos xogadores e agradecer a colaboración dos nosos patrocinadores.


Os pinches de Arguiñano: JoséLuis, Gaspar, Ramos (alias chato!!), Pepe e Pura.














A ver coordinador, ponte as pilas e organiza outra cea!!

miércoles, 9 de septiembre de 2009

VILATUXE 1 - RODEIRO 2

Este domingo o Vilatuxe F.C. estreou categoría, tempada, novos fichaxes, nova equipación, novas ilusións, ...... Pero por desgraza a maior eficacia de cara o gol por parte do equipo visitante fixo que os tres primeiros puntos que nos xogabamos contra o Rodeiro marcharan de Vilatuxe.


Cambios: Iván, Rozas e Michi.

Na alineación titular do domingo contabamos ca maioría das novas fichaxes, pero tan só con tres xogadores do equipo de terceira que o ano pasado acadou o ascenso e o título ligueiro.




O mister topou un equipo ilusionado, pero o mesmo tempo nerviso polo período de adaptación no que se encontran os novos xogadores.






Según me contan os que puideron ver o partido, xa que eu so o vin por momentos porque estaba a cobrar os carnets dos socios que un ano máis colaboran co club cas súas aportacións, o partido por momentos tornabase algo aburrido por falta de ocasións por parte de ambos equipos. Aínda que xa na primeira metade dispuxemos de algunha oportunidade (por exemplo Ferreiro solo, Jota de falta, Cesar en dúas faltas que non encontrar rematador, ...)

Na primeira parte a falta de definición diante da portería fixo que non houbese gol e que nos foramos o descanso co marcador a ceros.

Xa na segunda metade o equipo visitante estreou o marcador grazas o gol marcado por Serafín. Pero aproximadamente no minuto 25 Ferreiro anotaría o empate no marcador e levantaría os animos do equipo. Casi o remate do encontro o Rodeiro marcaría o seu segundo gol, pero o Vilatuxe aínda mantuvo a ilusión e estivo a piques de acadar o empate cun remate de cabeza de Rozas que pararía Macanas.

Esta semana ó Vilatuxe non lle queda outra que rumiar a primeira derrota da tempada, e tentar poñer esforzo e ilusión para as próximas xornadas.

Ánimo equipo!!


Ah!! posto que estreamos equipación, darlle as grazas a ABADES por patrocinar ó equipo un ano máis.

RESULTADOS XORNADA 1


O vindeiro domingo desplazaremonos ata o campo das Cancelas para disputar as 16:00 horas a segunda xornada contra o Villestro.