jueves, 25 de diciembre de 2008

BO NADAL!!


O rei ano tras ano, en Noite Boa, colapsa todolas canles de televisión coa súa mensaxe de Nadal. O noso mister non ten tanto poder de convocatoria como para saír na tele pero todo se andara ja ja ...
Ahí vos queda a súa mensaxe de Nadal:
"A todos os que estamos ou estivemos non Vilatuxe F.C. ganemos, perdamos, nos daría ou quitaría ilusións. Pero si algo ten o deporte e FACER AMIGOS. Felicidades!!"
Fdo. MISTER.

lunes, 22 de diciembre de 2008

VILATUXE 2 - BANDEIRA 1

Celebración do empate (Gol de Ferri).
E agora a celebración do segundo gol (tamén de Ferri), e os tres puntos quedan en Vilatuxe!!!


Hoxe conto coa colaboración de Santi ... de Boer que me enviou un resumen con todolos detalles do partido. Thank you for your collaboration!!


O BANDEIRA PERDE E CAÉSE DA ZONA DE ASCENSO


Ferri sentenciou para o Vilatuxe nun partido vibrante.
Este domingo xogouse un emocionante partido entre o Vilatuxe F.C. e o S.D. Bandeira pertencente a xornada 14.
O Vilatuxe derrotou o Bandeira , un adversario directo para a loita polas prazas que dan lugar ó ascenso a Segunda Rexional.
Os primeiros 45 minutos foron vibrantes. Cando os espectadores aínda non se acomodaran nos seu asentos, o Bandeira, por medio de Víctor (min 15), abreu o marcador.
Despois dese tanto inicial, tivo unha clara ocasión Pepe que se enfrontou o porteiro logo dun pase entre liñas, e que rematou cunha vaselina ben executada e que pasou a rentes do pau da portería de Cuíña.
Posteriormente, despois dun centro ben executado entre porteiro e defensa na área do Bandeira foi de novo Pepe o que nou chegou por pouco para rematar a porta baleira.
A continuación a resposta do Bandeira chegou a balón parado a escasos metros da área local. Foi unha falta directa na que o Bandeira estreou o balón contra o longueiro rebotando para o posterior remate de cabeza ó fondo das mallas da portería de Ismael. O árbitro decretou un fóra de xogo moi reclamado polos xogadores do Bandeira.
Aquí estaría a clave do partido xa que o Vilatuxe en momentos de fraqueza soubo irse arriba. A posesión do balón foi do Vilatuxe, pero a incertidume estivo na dúas áreas donde houbo moita tensión. Varios disparos dende fóra da area visitante remataron con boas intervencións do porteiro Cuiña nas súas estiradas que sen dúbida foi o mellor xogador do equipo visitante.
Logo do descanso, co 0-1 no marcador, o Vilatuxe buscou o empate en todo momento. Pero o gol tardaría en chegar. Foi entón a mellor oportunidade para os locais nunha falta escorada ó borde da área, perfectamente lanzada por Varela na que entre o barullo da área aparecía Ferri para peitear o balón con estilo e certeza para que o balón caese nas redes de Cuiña. A partir dese intre o equipo foise máis arriba e con máis gañas xa que se vía que os tres puntos tiñan que quedar en San Lorenzo. A continuación, sería de novo Ferri o autor do segundo gol logo dun pase dende o medio do campo que deixábao só diante do porteiro para acabar cunha perfecta definición de tiro raso. Quedaban poucos minutos pero o Bandeira non soubo reaccionar xa que o Vilatuxe impuxo un alto ritmo constante en todo o partido. Acababa o partido cun resultado de 2-1. Así e todo chegado o final do partido viuse a alegría da afección local e dos xogadores xa que se proclamaban así campións de inverno.
Desta forma o Vilatuxe mantén viva a esperanza de conservar a coroa conquistadora que non logrou a tempada pasada.
Incidencias: Campo de San Lorenzo.Boa entrada coa presenza dus 200 afeccionados.

Despois da xornada nº 14 o táboa clasificatoria queda da seguinte maneira:
1.- Vilatuxe - 34
2.- Agolada - 34
3.- Berres - 29
4.- Cogalrodeiro B - 27
5.- Bandeira - 27
6.- Gresande - 26
7.- Cruces - 22
8.- Santiso - 22
9.- Piloño - 21
10.- Melide - 10
11.- Balouta.- 8
12.- Dozón.- 7
13.- Camporrapado.- 5
14.- Prevediños.- 4

VILATUXE F.C. TEMPADA 2008-09


De izquierda a dereita (Fila superior: Pepe, José Luis, Eloy, Cangado, Alex, Victor, Toño, Sánchez, Michi, Alex, Pepe, Marcos, José, super delegada Vanesa e unha menda; Fila de abaixo: Rozas, super entrenador Luis, Quintá, Santi, Gaspar, Ferri, Marcos, Sergio, Varela, Santiso e Ramos).
Este equipo ten todolos ingredientes para estar ahí arriba. Temos moi bo equipo, moi bo entrenador, e como non unha moi moi boa directiva je je .... Na foto faltan Lola e Raquel que completan a directiva máis femenina do Deza, e tamén Toño alias "churrasqueiro radical do Vilatuxe F.C." je je ....

Parabéns equipo!! Estamos no posto number one, somos o equipo menos goleado e temos un gol average impresionante. En resumen, somos os mellores!! (por agora je je ...) Hai que seguir así, ou mellor se se pode.
Onte dou comenzo a segunda volta da tempada 2008-09 en terceira rexional grupo 10, e hoxe nace o blog do Vilatuxe F.C.
Espero que este blog sirva de lugar de encontro entre aficionados, mister, xogadores, directivos e como non de todos aqueles que se consideren fulboleros-as. Tamén espero que si algunha vez meto o zoco cos meus comentarios fulboleros me sepades disculpar. Xa que os meus coñecementos do reglamento futbolísticos son máis ben excasos, non por ser muller que quede claro, senón porque son novata nesto do fútbol e quedame moito moito que aprender, e ademáis como son radical do Vilatuxe non analizo os partidos de forma obxectiva :-)

Os comentarios deste blog irán sempre con intención de alabar os resultados do club, e manter informados os seguidores.
Por suposto espero contar coa axuda de moitos colaboradores para que este blog este sempre actualizado cos resultados de cada xornada, e con todolos acontecementos relacionados co club. Se alguen se quere prestar voluntario para comentar os partidos, acepto e espero colaboradores!!!
Eu ofrezcome voluntaria para retratar as mellores imaxes de cada partido (se son con posado aínda mellor ...)

Bye, bye futboleros!! e benvidos o blog do Vilatuxe F.C.

Vilatuuuuuxe bien bien bien!!!!