martes, 27 de enero de 2009

BERRES 0 - VILATUXE 2

Esta semana conto coa colaboración de Vanesa que me enviou a seguinte crónica do partido:


Esta fín de semana ó equipo tocoulle enfrontarse co Berres, un dos equipos que tamén aspira ó ascenso a 2ª rexional nesta tempada.

O partido presentábase complicado, posto que existía un nivel alto por parte dos dous equipos. Dende o primeiro minuto o Vilatuxe foi a polo partido e iso quedou reflexado nas ocasións de gol que tiveron. O Berres tamén tivo opotunidades de marcar pero foi o Vilatuxe o que conseguiu batir a porteria rival.



O gol que abreu o marcador veu das botas de Marcos, un golazo que serviu para que o equipo collese máis confianza.

Pouco máis tarde Michi remataría de cabeza para conseguir o 0-2 definitivo.
Decir que o Berres tras recibir os dous goles na 1ª parte non soubo reaccionar.

Logo na 2ª metade do encontro o Berres dando mostras de fortaleza e de que non se veu abaixo a pesar de ter o marcador en contra, achegouse á area con perigo en varias ocasións. Nestes cuarenta e cinco minutos o Vilatuxe baixou o ritmo do xogo e iso notouse, tivo menos ocasións de gol que na 1ª metade e tampouco tivo a posesión do balón. Pero aínda así loitaron para conservar o resultado e conseguirono.



Felicidades equipo!! polo gran traballo que estades a realizar, porque a pesar de que habia ausencias no once titular habitual debido a que estaban cumplindo as suas respectivas sancións, non destes mostra de debilidade en ningún momento, demostrando así que nin as baixas que tivestes vos influiron.Todo o contrario sabíades que era un partido importante para ganar e cumplistes. Unha vez mais felicidades!!!! E ánimo que cada vez falta menos!!!!

VILATUUUUXE!! BIEN BIEN BIEN!!!

Resultados da xornada 17.

Golada 4 - Camporrapado1
Bandeira 5 - Dozón 0
Berres 0 - Vilatuxe 2
Rodeiro 3 - Piloño1
Cruces 0 - Balouta 0
Gresande 0 - Santiso 5
Melide 5 - Prevediños 0

Deste modo a clasificación queda da seguinte maneira:

1.- Vilatuxe 43
2.- Golada 37
3.- Rodeiro 36
4.- Bandeira 36
5.- Berres 35
6.- Gresande 29
7.- Cruces 26
8.- Santiso 25
9.- Piloño 24
10.- Melide 19
11.- Balouta 9
12.- Prevediños 7
13.- Dozón 7
14.- Camporrapado 5

lunes, 26 de enero de 2009

FUTBOL VETERANOS.

TERCERA "A" DIVISIÓN JORNADA 16

1.- VILATUXE 36
2.- C.STO DOMINGO 35
3.- BUCÉFALO 34
4.- OUTOMURO 30
5.- VELLE 30
6.- TABOADELA 26
7.- CHOU-SANITARIOS 25
8.- GADDAFI 23
9.- COTO DO RANO 22
10.- MESÓN CUÑA 14
11.- AXOUXERIÑOS 12
12.- LATEQUIN 11
13.- MONTERREI 9
14.- BAR PANCHITO 5

Hoxe quero facer mención os veteranos do Vilatuxe que tamén encabezan a clasificación.

Parabéns equipo!!

Non teño foto do equipo, pero sí de un dos xogadores:

Luis, "tengo una pregunta para usted"

¿Qué se sinte formando parte de dúas agrupacións deportivas que están no máis alto das súas respectivas categorías?

¿Cómo se disfrutan máis as victorias? ¿sendo adestrador ou xogador? (Polas derrotas non che pregunto xa que este ano son as menos)

Esto parece un interrogatorio je je ...
Pero a ver si así te animas a comentar algo neste blog que naceu primordialmente por ti. (jua jua ... que pelotas son!!)

Saudos a todos os futboleros do Vilatuxe, sean veteranos ou non tan veteranos!!

martes, 20 de enero de 2009

VILATUXE 3 - AGOLADA 2

Este domingo todolos que se acercaron o campo de "San Lorenzo" puideron ser testigos presenciais do partido máis interesante da xornada.
Xa que se enfrentaban os dous primeiros clasificados do grupo, e rivais directos na loita polo tan ansiado ascenso a segunda rexional.

O partido plantexábase complicado, pero o equipo soupo sair victorioso e darlle outra alegría máis a aficción que se deu cita para animar a tope!!
As gradas estaban a reventar e todolos presentes foron testigos dun partido vibrante, intenso e moi emocionante, pero por desgraza salpicado polas numerosas sancións.
Os tres goles do Vilatuxe F.C. foron obra das botas de Michi en dúas ocasións e Marcos (de Boer).
Casi o remate do partido Michi transformou un penalti no gol que faría que os tres puntos quedaran na casa.
O penalti, como non, foi moi protestado polos visitantes.

Imaxe do penalti transformado en gol por Michi.

Non sabemos o que pasará de aquí a final de tempada, pero como as victorias hai que saborealas e disfrutalas unha a unha, ahí vos quedan algunhas imaxes que reflexan a alegría do equipo e da aficción por esta victoria tan importante!!

Parabéns equipo!!

Alégrome moitísimo por todos vos!!

Sodes dignos merecedores do liderato!!!


Este domingo toca outro oso moi duro de roer, o Berres.
O equipo desplazarase o seu feudo, para de novo enfrentarse o segundo clasificado do grupo, xa que o Berres grazas a súa victoria frente o Santiso e a derrota do Golada logrou acadar o segundo posto na táboa clasificatoria.

Ánimo equipo!!

Resultados da xornada nº16:

Vilatuxe 3 - Agolada 2
Camporrapado 2 - Cruces 3
Atl. Balouta 1 - Bandeira 2
Dozón 1 - At. Melide 4
Prevediños 1 - Cogalrodeiro B 5
Piloño 3 - Atl. Gresande 1
Santiso 0 - Berres 3

CLASIFICACIÓN:

1. Vilatuxe 40
2. Berres 35
3. Agolada 34
4. Cogalrodeiro B 33
5. Bandeira 33
6. Atl. Gresande 29
7. Cruces 25
8. Piloño 24
9. Santiso 22
10. At. Melide 16
11. Atl. Balouta 8
12. Prevediños 7
13. Dozón 7
14. Camporrapado 5

miércoles, 14 de enero de 2009

CRUCES 2 - VILATUXE 3

Estaba agardando a que o Mister buscara un intre na súa apretada axenda para actualizar o blog, pero a semana pasa e nothing of nothing.

Así que, aquí vos deixo unhas fotos do partido. Xa sei, a calidade das mostras fotográficas deixa moito que desexar pero que conste que é culpa do zoom :-)


Eu non vou a falar dos aspectos técnicos do partido, xa que para eso está o Mister e todolos expertos na materia. Ademáis, eu aínda que quixese, non sei.

Pero como aficionada futbolera podo decir que as condicións do campo de fútbol en fín …
Aquelo parecía unha pista de patinaxe. Cando os xogadores se achegaban as gradas co xeo que había parecía que estaban xogando o hockey.

O partido pódese decir que comenzou moi ben. Nos primeiros 45 minutos o Vilatuxe acadou unha cómoda ventaxa. Moncho meteu o primeiro gol para o Vilatuxe con un “remate maxistral” buff!! equivoqueime non foi “remate” senón “rebote” je je ... Bueno, é igual o caso é que entrou :-) Despois as botas de Santi e Varela fixeron que nos foramos ó descanso cun cómodo 0-3 no marcador.

Pero a volta do descanso, o partido deu unha imprevista viravolta. Non sei que pasou, quizáis por confiados, pero o Vilatuxe baixou o ritmo de xogo e o Cruces marcou os seus 2 goles ante un Vilatuxe que non se parecía en nada o da primeira parte. Na segunda parte o Cruces demostrou ser un equipo con moi bo toque de balón e que pode sorprender.

Por sorte, o resultado favoreceunos, pero eu estaba desexando que o árbitro pitara o final canto antes.

Decir que esta foi unha victoria moi importante, xa que a parte de acadar os tres ansiados puntos, Agolada perdeu, polo tanto xa non temos que compartir liderato con eles.

Esta semana somos os líderes indiscutibles!!

Parabéns equipo!!


Os resultados da xornada 15 foron os seguintes:

  • Berres 3 - Agolada 2
  • Cruces 2 - Vilatuxe 3
  • Bandeira 2 - Camporrapado 1
  • At. Melide 2 - Atl. Balouta 1
  • Cogalrodeiro B 3- Dozón 1
  • Atl. Gresande 2 - Prevediños 1
  • Santiso - Piloño (Apzdo)

Polo tanto a CLASIFICACIÓN queda da seguinte maneira:

  1. Vilatuxe 37
  2. Agolada 34
  3. Berres 32
  4. Cogalrodeiro B 30
  5. Bandeira 30
  6. Atl. Gresande 29
  7. Cruces 22
  8. Santiso 22
  9. Piloño 21
  10. At. Melide 13
  11. Atl. Balouta 8
  12. Prevediños 7
  13. Dozón 7
  14. Camporrapado 5

Na vindeira xornada partido importantísimo. Recibiremos no campo de San Lorenzo ó Golada. A ver qué pasa??