martes, 20 de octubre de 2009

VEA 2 - VILATUXE 5

Esta semana Sergio estrease como cronista deportivo e fíxome chegar a seguinte crónica. Moitas grazas pola túa colaboración, e a ver se sirves de exemplo para os teus compañeiros e algún máis se anima!!!! O domingo 18 de octubre o Vilatuxe tivo que desplazarse ó campo do Vea porque o San Lorenzo encontrábase en obras. Esto non foi un inconveniente para facernos con unha nova victoria.

O equipo empezou con un once inicial diferente ó de outras xornadas de liga debido a dúas baixas, Marcos e Santiso (e a algúns castigos de Luís jejejejejeje): Dani como porteiro, laterales Jota e David, centrales César e Miguel, o medio do campo ocupariano Campos, Varela e Sergio, mediapunta Michi e como dianteiros Ferreiro e Bandeira.

O partido comezou con un Vilatuxe algo despistado, xa que no minuto 20 da primeira metade nunha xogada a balón parado, o Vea adiantouse no marcador tras un desaxuste defensivo. Eso fixo que o equipo de Luís reaccionara, e ós poucos minutos de conceder o gol, Campos puxo o 1-1 no marcador con unha gran xogada individual. O segundo gol foi obra de Bandeira que tras unha disputa cos dous centrais do Vea conseguiu facerse co balón e marcar.
Despois dos 45 minutos de moito traballo chegou a hora de recibir a charla de Luís, no descanso do partido.
A segunda parte empezou co mismo once inicial e sen variacións tácticas no equipo. Tras uns minutos de xogo o Vilatuxe conseguiu un novo gol. Michi, aproveitando un rechace da defensa fusilaría ó gardamallas, que foi un dos mellores do Vea por conseguir moi boas paradas. Co 3-1 no marcador fíxose a primeira substitución entrando no campo Quintá por Sergio. Quintá foi o autor dun gran pase que con un moi bo control orientado de Ferreiro e asistencia á Michi, este conseguiu o seu segundo gol da tarde, con un tiro moi axustado ó pau. O posterior cambio foi o de Sánchez por Campos. Xa pasada a media hora da segunda parte chegou a xogada desafortunada do partido debido a que David marcaría en propia porta tras intentar despexar un balón. Este sería cambiado por Toño, e os últimos cambios serían Rozas por Bandeira e Iván por Varela. Na recta final do encontro chegaría o derradeiro gol da tarde, Ferreiro fíxolle unha vaselina ó porteiro que este só puido ver pasar.
Felicidades a todo o equipo.!!!