martes, 9 de junio de 2009

¿¿QUÉ NOS PASA CA COPA DO DEZA ??

Outro ano máis (e levamos tres) o Vilatuxe F.C. chega a final acompañado da mala sorte, e quedase as portas de acadar a tan ansiada Copa.
Pero teño que decir e recordar que “para perdela hai que xogala”, e non calquer equipo pode decir que xogou a final da Copa do Deza tres anos consecutivos.



Durante o partido o ritmo marcouno o Vilatuxe, e a posesión do balón tamen foi claramente do Vilatuxe.
Baixo o meu humilde punto de vista os ganadores morais do encontro fostes vos, xa que fixestes máis méritos para acadar o triunfo. Pero o infortunio fixo que, a pesares de crear moitas ocasións de gol, estes se espetaran cos postes ou que fosen dar as máns de Pablo (porteiro do Laro).
Na miña anterior entrada anunciaba o partido e pedía que ganara o mellor, e por desgraza non foi así. Despois de disputar os 90 minutos reglamentarios e a prorroga o marcador seguía a ceros, e a Copa Deza decideuse na sorte dos penaltis.

Quero facer mención especial e destacar a limpeza de xogo que se veu no campo de fútbol e a boa relación entre ambas aficcións. Gracias a Deus este ano vimos unha final limpa na que os árbitros deixaron o protagonismo do partido ós xogadores.

Tamén destacar que pese a climatoloxía adversa as gradas do Manuel Anxo Cortizo contaban ca presenza de máis de medio millar de espectadores que se acercaron ata o campo para animar e apoiar o seu equipo.
Agradecer un ano máis a presenza da "Nova Banda de Vilatuxe" que estuvo ahí animando a tope.

Por último, parabéns ó Laro!! tanto pola Copa, como polo título acadado polo seu porteiro Pablo que o acredita como mellor xogador da Copa.

Unha vez máis darlle a noraboa o Vilatuxe F.C. pola excelente tempada!!


E xa que a terceira tampouco foi a vencida, pois desexarvos sorte para vindeiras ocasións, porque equipo temos de sobra!!

miércoles, 3 de junio de 2009

QUE GANE O MELLOR!!

Un ano máis o Vilatuxe F.C. volve a xogar a Final da Copa do Deza.
Despois de deixar polo camiño o Balouta e o Estudiantil, o equipo chega a final con moitas ganas e ilusión por acadar un título máis nesta tempada chea de triunfos.
A emoción unha vez máis está servida!! Así que, non podedes faltar!!! Se queredes ser testigos presenciales deste encontro que promete.
Ánimo chicos!!
Vilatuuuxe ... a ganar ... a ganar ... a ganar!!

lunes, 1 de junio de 2009

RECOLLIDA TROFEOS VETERANOS

Despois da longa e expectacular tempada realizada polos veteranos do Vilatuxe, o sábado 23 de Maio celebrouse en Ourense a cea de fín de tempada, a cal acudiron Miguel e Villar en represantación do equipo. Eles foron os encargados de recoller o trofeo que os acredita como Campeóns de Liga, e tamén o trofeo de Campeón de Campeóns, acadado tras derrotar o Trasalbauto Arrabaldo.



Moitísimas Felicidades a todo o equipo!!


Agora ánimo e moita sorte na Copa Deputación Terceira, xa estades en semifinales e con posibilidades de acadar o terceiro título da tempada.

Non estaría mal imitar o triplete acadado polo mellor equipo do mundo, verdad Miguel?? je je .....

Quero aproveitar a ocasión para felicitar moi especialmente a Luis Pichel, xa que entre os títulos acadados como adestrador do Vilatuxe e os conseguidos como xogador dos Veteranos o famosísimo triplete quedase corto. Parabéns Luis!! Estades a facer historia no club!!