domingo, 5 de abril de 2009

NORABOA OS VETERANOS DO VILATUXE!!

Nesta tempada chea de triunfos para o Vilatuxe non podemos olvidarnos de facer unha mención especial e felicitar os Veterandos, que tamén rematan a súa liga como campeóns e están a celebrar o título ligueiro e o ascenso directo.


Clasificación Veteranos Ourense 3ª A División.

O noso Mister Luis Pichel, tamén forma parte deste equipo pero neste caso como xogador.


BAR PANCHITO 1 - VILATUXE 6

Crónica do partido. Luis Pichel:

Neste último partido contra o Bar Panchito a alineación do Vilatuxe foi a seguinte:


O partido deu comenzo cun menos por parte do Vilatuxe, e nestes cinco minutos de inferioridade numérica vimos un partido totalmente loco, é decir que non había dominador claro. Os xogadores de Bar Panchito comenzaron adíantandose no marcador lanzando un balón entre líneas que piñou a David e Batan despistados, e o dianteiro deles que foi rápido encarou a José Luis e gol de baselina. Decir que José Luis fixo o papel de porteiro mentras Lobi non se incorporou o terreo de xogo.

Pero ese resultado duraría moi pouco no marcador, xa que en cuestión de dez minutos o Vilatuxe daríalle a volta o partido. O gol do empate chegaría por mediación de Miguel que remataría de cabeza un centro de Clin por banda. A continuación outra vez Miguel poñería o 1-2 mediante un tiro cruzado a portería. De seguido Renato (pichichi) marcaría outros dous goles facendo que se fosen o descanso cun 1-4.

Con este resultado tan cómodo no marcador o Vilatuxe continuou cunha segunda parte na que dominaron totalmente a un Bar Panchito que non soupo reaccionar e veuse un pouco perdido. Nesta segunda parte o Bar Panchito non chegaou ninsequera a tirar a porta , sendo a única ocasión deles un tiro de corner. Eles tuveron un desfonde físico tremendo, e nos tuvemos multiples oportunidades claras de gol, pero só en dúas ocasións máis aproveitamos para aumentar o marcador. Unha delas por mediación de Ferreiroa e a outra un saque de esquina que o Bar Panchito meteu en propia meta.
En resumen foi un partido cun Vilatuxe dominador durante prácticamente todo o partido, e o noso rival sendo o último clasificado, permiteunos xogar moi relaxados, obtendo o final do encontro un resultado totalmente xusto.

Luis tamén comenta sobre a tempada que:

Os Veteranos do Vilatuxe presentábanse na liga de veteranos de Ourense digamos que como os novatos desta zona e nun principio atopamonos cunha gran incógnita xa que non coñecíamos os equipos rivais e non sabíamos como desarrollaban o seu fútbol. Algo que nos sorprendeu foi que o contrario que na zona do Deza que se xoga un fútbol directo, vimos que na maioría dos equipos xogaban en corto e cun fútbol combinativo total.

Algo que nos favoreceu moito, foi que os xogadores dos Veteranos do Vilatuxe somos maís novos que a maioría dos equipos que nos encontramos.

Dende un principio nos encontramos co Bucéfalo que foi o ríval a batir, pero xa na primeira volta lle ganamos 2-4. Despois atopamos polo camiño outros equipos que nos iban a dar, como foi o Santo Domingo que empezou moi relaxado e moi floxo na primeira volta e pagouno porque aínda que despois sí tuvo unha boa segunda volta non lle foi suficiente.

O Vilatuxe tuvo unha primeira volta moi boa na que gañaron casi todolos partidos cunha solvencia tremenda, pero o parón de Navidad afectounos moito e froito deso foi que perdemos dous partidos.

Pero conseguimos chegar como terceiros para xogar o partido atrasado contra o Bucéfalo onde nos xogabamos todo, e como o Santo Domingo perdera con eles, entonces esto dounos o marxen deses dous puntos nun partido dramático donde o Bucéfalo estuvo tremendo, pero conseguimos gañarlles 2-1 e poñernos líderes.

Despois quedabannos dous ou tres rivais que eran adsequibles por ser da zona baixa da tabla, os que tiñamos que gañar teórica e casi prácticamente, e foi o que nos dou o campeonato.

Decir que a nível individual quero destacar a Batán e a Medela por encima doutros, a Manolo que fixo unha gran liga, a Victor como porteiro, de Renato decir que a súa presencia é moi necesaria porque senón está notase moitísimo xa que non temos esa claridade diante da portería, a Villar, a Ramón incansable que se pega sempre unhas palizas para vir dende Santiago e cumple sempre o 100%, Clin que deixa o seu negocio para vir a xogar e votase unhas carreiras imparables pola banda, Porfirio que se vota de menos porque está en Lerida por motivos laborales e faltan os seus diálogos antes e despois dos partidos, David (Zinedine Zidane) que xoga con esa calidad e con dúas velocidades turbo e inyección , Lobi que é o segundo porteiro e cumpleu perfectamente, aínda que tiña ese porteiro por diante él sempre cumpleu con solvencia, Raúl, Ferreiroa, Pablo, Miguel Bernabé, Paco Villanueva, eu que cumplín como puden dada a miña vida ajetreada e os meus traballos extras fora do fútbol que me limitan bastante pero aportei o que puden. Nombrar tamén a Jaime Pochetino e a Carlos Pichel que tamén colaboraron co equipo aportando o seu granillo de area. Darlle as gracias a Toño da Robleda e a Alberto do Cruce por patrocinarnos. E perdón se me olvidei de nombrar a alguen.

Tamén quero destacar a boa relación que hai entre todos nós, xa que ahí tamén é onde se nota un equipo.

Por último darlle a noraboa a todo o equipo por esta victoria e que teñamos sorte para o ano que ven. Agora soamente nos queda disputar o campeón de campeóns, é decir temos que xogar contra o outro campeón de terceira, e despois a ver que pasa na copa.

RESULTADOS TERCERA DIVISIÓN "A" FUTBOL VETERANOS

1ª VOLTA:

BUCÉFALO 2 - VILATUXE 4
VILATUXE 3 - LATEQUIN 0
GADDAFI 0 - VILATUXE 0
VILATUXE 4 - MONTERREI 0
OUTOMURO 2 - VILATUXE 1
VILATUXE 1 - VELLE 1
COTO DO RANO 2 - VILATUXE 4
VILATUXE 2 - C.STO.DOMINGO 1
TABOADELA 0 - VILATUXE 0
VILATUXE 3 - AXOUXERIÑOS 0
CHOU-SANITARIOS 1 - VILATUXE 7
VILATUXE 4 - MESÓN CUÍÑA 0
VILATUXE 6 - BAR PANCHITO 1

2ª VOLTA:

VILATUXE 2 - BUCÉFALO 1
LATEQUIN 1 - VILATUXE 4
VILATUXE 5 - GADDAFI 0
MONTERREI 0 - VILATUXE 2
VILATUXE 7 - OUTOMURO 0
VELLE 3 - VILATUXE 0
VILATUXE 2 - COTO DO RANO 1
C.STO.DOMINGO 3 - VILATUXE 0
VILATUXE 9 - TABOADELA 0
AXOUSERIÑOS 1 - VILATUXE 5
VILATUXE 4 - CHOU-SANITARIOS 0
MESÓN CUÍÑA 0 - VILATUXE 2
BAR PANCHITO 1 - VILATUXE 6


PARABÉNS EQUIPO!!

CLASIFICACIÓN FINAL TEMPADA 2008-2009