lunes, 30 de noviembre de 2009

RESULTADOS XORNADA 13. (29-11-09)

Sigüeiro 0 - Estudiantil 1
O Pino 2 - Vea 1
Portomouro 1 - A Baña 0
Villestro 3 - Silleda 0
Cogalrodeiro 0 - San Mamed 3
Laro 2 - Cacheiras 4
Dubra B 2 - San Marcos 2
Vilatuxe 5 - Tabeirós 1
Montaos - Agolada (Susp)
_____________________

miércoles, 25 de noviembre de 2009

SAN MARCOS 1 - VILATUXE 2

O pasado domingo o Vilatuxe F.C. desplazouse ata o campo de San Marcos para disputar a décimo segunda xornada coa seguinte alineación:

Os de Pichel disputaron un partido moi emocionante, que se puxo costa arriba xa no minuto 2 co tanto acadado polo San Marcos. A partir de ese momento o Vilatuxe comenzou a asediar a portería rival constantemente. A aficción vibraba con cada xogada, e o equipo sufría xa que pese o mellor xogo do Vilatuxe o gol non chegaba. Pero foi nos últimos quince minutos cando conseguiron darlle a volta ó marcador cos goles de Ferreiro e Bandeira.

Parabéns ó equipo!!!

viernes, 20 de noviembre de 2009

domingo, 15 de noviembre de 2009

VILATUXE 1 - CACHEIRAS 5

O Vilatuxe F.C. caeu derrotado ante os actuais líderes, na décimo primeira xornada por un claro 1-5, e tocounos asimilar a derrota máis abultada do que vai de tempada.

O campo de San Lorenxo contaba con bastantes expectadores, a pesares de que as condicións metereolóxicas non eran as máis axeitadas para o disfrute deste deporte, xa que o vento e a choiva acompañarannos durante todo o partido.



Baixo o meu humilde punto de vista, penso que foi un resultado demasiado abultado e con moitos goles en contra para o que poidemos ver no terreo de xogo.
Os de Luis tentaron a remontada cun gol de Cesar, pero non era o noso día, e estabamos ante un gran equipo polo que non pudo ser.
Por último decir, que o Cacheiras marchou de San Lorenzo cos tres puntos que mereceron por méritos propios, pero non por deméritos do Vilatuxe.
Ánimo equipo!!

miércoles, 11 de noviembre de 2009

SAN MAMED 2 - VILATUXE 2

Esta semana conto coa fabulosa colaboración de Luis, que comenta o acontecido no partido contra o San Mamed.


Así que ahí vos queda como veu o partido o Mister:

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Este domingo o Vilatuxe F.C. desplazouse ata o sempre díficil campo de San Mamed coa seguinte alineación:


Cambios: Pepe e David.

En primeiro lugar quero destacar a Iván que disputou o seu primeiro partido como titular e cumpleu a tope como lateral izquierdo. Estuvo moi compenetrado cos seus compañeiros e centrado durante todo o partido.


O domingo puidemos ver un partido moi competido por ambas partes, no cal o Vilatuxe topouse con un San Mamed díficil, coas líneas moi xuntas, moi ordenado e con moi boa conexión ataque - defensa. Pola nosa parte o Vilatuxe estuvo moi ben centrado e mentalizado ata ó final. Plantámoslle cara dende o primeiro momento, e aínda que eles empuxaban moito, nós non perdemos nunca a postura nin o esquema inicial de xogo. Traballamos moi ben defensivamente o 2 contra 1 sobre os xogadores principais do San Mamed, e a línea defensiva estuvo moi atenta nas coberturas e axudas constantes.


O primeiro gol anotado polo San Mamed chegaría gracias a un penalti claro co que os locais inauguraron o marcador. Pero o empate chegaría antes do descanso mediante unha falta moi ben lanzada por Michi.

Durante esta primeira parte o Vilatuxe dispuxo de moitas máis ocasións como foron por exemplo, a baselina de Ferreiro desviada, o tiro de Michi que aproveitando un mal despexe da desfensa local e co porteiro batido saeu polos pelos por encima do largueiro, a ocasión de Santiso que controlando magníficamente co peito rematou flojo ca izquierda e despexou o porteiro a corner, tamén Bandeira que tirou a base do poste e parou o porteiro, etc....

Co empate no marcador fumos o descanso para que o pouco de comenzar a segunda parte un fora de xogo inexistente que lle pitan a Bandeira propiciase o saque rápido dos locais, pillando a nosa defensa descolocada e anotando o 2 a 1 no marcador.
Pero o Vilatuxe foi descaradamente ó ataque e outra vez se repetiron as multiples ocasións das que dispuxemos como foron as ocasións de Bandeira, Ferreiro, Michi, etc .... Co marcador en contra o Vilatuxe loitou a tope buscando as bandas e presionando no medio para superar a calidade técnica dos locais. E aínda que durante todo o partido faltounos un pouco de sorte de cara o gol, tanto esforzo dou o seu fruto casi o remate do partido, xa que as botas de novo de Michi puxeron o empate no marcador.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Quero darlle as gracias a Luis por colaborar co blog e facer esta magnífica crónica. Seguro que faltan moitos detalles do partido, pero a velocidade que él me fala eu non dou anotado todo (se siente je je ....)

Tamén quero felicitar ó equipo xa que aínda que vos tuvestes que conformar co empate, fixestes vibrar a afición e mantuvestes a emoción ata ó final, loitando e indo a por todas!! Noraboa!!

Ahí vos quedan algunhas fotos do partido .... se pinchades sobre elas podedes velas aumentadas.






















Por último (como alusión persoal) quero terminar dedicándolle unhas líneas a actuación arbitral, que ejem ejem .....

Algún por San Mamed se pensou que "árbitro medio-comprado, partido regalado" , - pois non - ... Os chavales do Vilatuxe loitaron a tope ata o final e conseguiron arallar ese puntillo e traelo para a casa. O colexiado con moito descaro durante casi todo o partido parecía vestir as cores do San Mamed e non tomou nota das duras entradas protagonizadas polos xogadores locais, saíndo estes claramente beneficiados cas súas sorprendentes decisións arbitrais. En fín ... "Pasou o día e pasou a romería" pero ... xD... que descaro!!