martes, 31 de marzo de 2009

AT. MELIDE 0 - VILATUXE 8

O sábado as 19:30 disputamos a xornada nº 26 contra o Melide, e o Vilatuxe F.C. desplazouse ata terras melidenses.
Como Luis non pudo chegar a tempo ó partido, xa que estaba a xogar cos veterandos do Vilatuxe, Eloy como segundo entranador puxose ó mando.

E a parte de facer de "new mister" tamén fixo unha pequena crónica do partido sin "romperse moito a cabeza" que quede claro je je ....

Eloy comenta que:

A alineación foi a seguinte: Gaspar, Sergio, Santiso, Toño, Victor, Quintá, Moncho, Michi, Roger, Cangado e Ferri. E os trocos realizados durante o partido foron: Santi por Moncho, Marcos por Cangado, Diego por Quintá e Alex por Ferri. Decir que deixei descansar a Marcos e Santi no banquillo durante a primeira parte, e unha vez despertaron entraron para contribuir na goleada.

Do partido en realidad non hai moito que contar, xa que o Vilatuxe estuvo imparable a pesares de contar con ausencias destacables no 11 habitual, e o Melide pola súa parte prácticamente non soubo reaccionar.

Saímos o terreo de xogo sin pasillo para os campeóns e con excasa afluencia de aficción, xa que o adianto da xornada a sábado dificultou a asistencia da marea azul.

Disputamos un partido limpo, no que o Viltatuxe xogou un fútbol combinativo con moitos pases e xogando o primeiro toque, dándolle moita velocidade o balón e facendo que éste chegara a zonas de definición moi claras creando moitas ocasións de gol. Entraron 8, pero poideron ser máis xa que tivemos moitas oportunidades de gol.

O Atl. Melide só tuvo unha ocasión clara de gol na primeira parte cando o marcador reflexaba un 0-2, pero unha gran parada de Gaspar fixo que os de Melide non puidesen marcar nin o gol da honra.

Os goles foron marcados por Michi (3), Roger(2), Cangado, Ferri e Santi.

Con estes 8 goles o Vilatuxe F.C. acada os 102 goles, un record que vale unha vez máis por outra cea.

Felicitar a todo o equipo polo ascenso, polo título ligueiro, polo trofeo zamora e por todolos triunfos acadados durante a tempada, e moi especialmente o noso Mister Luis que leva loitando polo equipo durante moitos anos. Tamén dar as gracias a xente que ven ver os partidos (que podía ser máis pero ...)

Saúdos. Eloy.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Resultados da xornada 26:

Piloño 6 - 0 Prevediños
Santiso 8 - 2 Dozón
Atl. Gresande 2 - 1 Atl. Balouta
Cogalrodeiro B 2 - 1 Camporrapado
At. Melide 0 - 8 Vilatuxe
Bandeira 2 - 2 Agolada
Berres 2 - 0 Cruces


A Clasificación despois desta última xornada queda da seguinte maneira a espera de saber o que ocorre co partido suspendido contra o Rodeiro

No hay comentarios: