viernes, 20 de marzo de 2009

CAMPORRAPADO O - VILATUXE 4

Onte disputouse a xornada atrasada que no seu momento se había suspendido polo temporal.

Nesta ocasión volvo contar coa colaboración do Mister que me enviou a seguinte crónica:


Chegamos a Camporrapado coa intención de conseguir o campeonato de liga e poidemos celebralo con ledicia por ser a primeira vez que o Vilatuxe consigue un torneo oficial.

O campo estaba nunhas condicións pésimas para xogar ó fútbol e os balóns con pouca presión de aire polo que o control e golpeo facíanse con dificultade. Nos, non cambiamos a filosofiía de xogo, buscamos ter a posesión ante un equipo aguerrido, voluntarioso pero máis pendentes da dureza coa que se empleaban que en intentar opcións alternativas ó noso xogo. Na dianteira o seu capitán creábanos problemas porque era rápido e vertical, pero impreciso. Atrás os centrais eran centos e no medio campo buscaban moito a conducción.

Pola nosa parte intentamos surtir de balóns a Cangado e Roger que eran moi rápidos e sempre chegaban claros as opcións de remate. No medio Sánchez cortaba moitos balóns con Quintá facendo ben as coverturas, e Santi que fixo continuos apoios e desdoblamentos por banda. Michi dábanos equilibrio e efectuaba cambios de orientación para progresar con facilidade ofensivamente.

Na defensa Victor, Marcos, Toño e Santiso achicaron ben os dianteiros e tiveron poucas fisuras.
Destacar a volta de Gaspar despois da súa lesión que entrou na segunda parte.


Sinalar que temos que volver a poñer atención as xogadas de extratexia xa que non as aproveitamos.

En resumen partido cómodo con dous goles en cada tempo e boa actitue dos xogadores, tal como estaba o campo e o calor ambiental.
Saúdos. Luis (Mister)




No hay comentarios: