lunes, 9 de marzo de 2009

VILATUXE 5 - SANTISO 2

Esta semana estrease como cronista Varela, un dos veteranos do Vilatuxe F.C.
E polo que vexo a parte de ser un xogador clave no terreo de xogo, tamén se lle da bastante ben o de comentalista deportivo. Non deixedes de leer as súas mencións especiais, xa que non teñen desperdicio je je ....



Varela comenta que :

CRÓNICA DUNHA VICTORIA ANUNCIADA.

Para intentar gañar un partido hai que empezar por facer un quecemento axeitado. E isto foi ,precisamente, o que non fixo o Santiso xa que chegou 20 minutos antes do comezo do partido. Alguén lles debería decir que a ilusión e a fé só valen para ir á misa os domingos. Ou ben que soliciten unha sesión co noso querido adestrador para que os ilumine cunha das súas máximas:"o partido comeza no quecemento, serios, concentrados..."

No primeiro tercio do partido viuse un Vilatuxe fallón no pase corto e frouxo na presión defensiva que tan bo resultado lle está dando esta tempada ó equipo. Seguidamente o equipo local asentouse no campo e empezou a tantear ó Santiso en busca de puntos débiles. Esa búsqueda pronto dou resultado nas botas dun fantástico Varela que mete un pase en profundidade a Roger para que éste saque un preciso centro que convirte en gol a cabeza de Pepe; e digo cabeza porque co pé ...... en fin, non vou facer sangue.

Pouco despois repítese a xogada e os protagonistas facendo outra vez a cabeza de Pepe o 2-0. Tomando como súa a frase feita:"a confianza dá noxo" o Santiso viviu o seu primeiro momentazo da tarde ó aproveitar un desaxuste defensivo da mellor zaga da categoría para meter o que se supoñía que sería o gol da honra. Nos seguintes minutos o medio do campo local tomou a rendas do partido e impuxo un ritmo tal que ó Santiso non lle quedou outra que meter un gol en propia para zafarse de semellante presión. Como non hai dúas sen tres, un intratable Varela recupera un balón dividido na liña media para servir a Roger, que por certo centra moito mellor do que regatea, para que poña un medido centro que a cabeza de Pepe transforma no 4-1. Así se chegou o descanso.



Da segunda metade non hai moito que contar. Só destacar que o Santiso disfrutou do seu segundo momentazo da tarde ó lanzar un penalti tan inxusto como inocente cometido polo zamora da terceira rexional. Este segundo gol visitante desencadeou un incomprensible nerviosismo no entrenador local ata que Victor puxo o 5-2 no marcador imaxinario que adorna as gradas de San Lorenzo tras realizar unha fantástica xogada individual e terminala cun potente disparo que roza, ou...para que engañarnos, desvía a gol un xogador do Santiso que desexa con todas as súas forzas formar parte do Vilatuxe na próxima tempada.

Os minutos restantes foron unha espera a que o árbitro pitara o final dun partido de tantos que nos están levando pouco a pouco pero con paso firme á segunda rexional.


MENCIÓNS ESPECIAS:

Luis (adestrador): despois de pegarlle unha patada ó balón non é necesario caer sobre as posadeiras para chamar a atención dos presentes.
Santi: hai veces que o balón non entra porque o que tira (neste caso ti) é demasiado bo xogador para un balón de tan mala calidade.
Pepe: non tomes tan en serio iso de que a cabeza non serve só para pesar.

RESULTADOS:

Xornadas atrasadas: (disputadas o sábado)
Santiso 1 - 0 Piloño (jornada 15)
Cogalrodeiro B 0 - 1 At. Gresande (jornada 19)

XORNADA 23:
Berres- Dozon (aplazado)
Balouta 3 - 2 Prevediños
Camporrapado 1 - 2 Piloño
Vilatuxe 5 - 2 Santiso
Agolada 2 - 1 Atl. Gresande
Cruces 1 - 1 Cogalrodeiro B
Bandeira 4 - 0 Atl. Melide


CLASIFICACIÓN:

1.- Vilatuxe 58
2.- Agolada 52
3.- Bandeira 47
4.- Berres 45
5.- Cogalrodeiro B 39
6.- Atl. Gresande 37
7.- Cruces 34
8.- Santiso 31
9.- Piloño 31
10.- Atl. Melide 23
11.- Atl. Balouta 16
12.- Camporrapado 10
13.- Prevediños 8
14.- Dozon 7

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale Varela vale...Unha boa crónica do partido. Enhoraboa equipo, xa estamos máis cerca do ascenso a 2ª...Todos esperamos o partido do próximo domingo con moitas ganas xa que unha victoria nos daría dobre alegría. A por eles...

Vane dijo...

Ola!!!!!!!!!
Varela que esmero lle puxeches ó comentario.....está moi ben.
Por certo, como ben dixo Raquel, felicidades equipo polo traballo que estades a realizar e animo para o partido deste finde, ainda que creo que motivados xa ides ir vos...esa victoria ten dobre sabor...... Animo e veña que xa so queda un pasiño pa estar en 2ª....

Anónimo dijo...

Hola... eu tamen vou a comentar o partido.

Seica os de Santiso chegaron tarde porque viñan de tomarse unhas cañas e pasaron de quentar en condicións(ala eles).

Pero aínda con esas marcaronlle dous goles os líderes no seu territorio (cousa que non moitos equipos poden decir).Ademáis de axudar a aumentar o gol average impresionante do Vilatuxe con dous goles marcados en propia porta xa que Victor marcou con moita axuda do U.D. Santiso.

So é outro punto de vista.

Felicidades polo casi seguro ascenso e que teñades sorte para o ano.

Saúdos dun rival diplomático.

Anónimo dijo...

meus parabéns Varela!!
es un xogador desequilibrante e con moita calidade..importante para o equipo..con todos a unha..así o demostra o vídeo.
dicir do partido e poideron entrar mais pero non foi.Tamén salientar a actitude do U.D Santiso que confiou na s súas posibilidades ata o final..para min un dos mellores equipos da categoria..con xente nova e que sabe tocar o balón.sorte..
noraboa o equipo e ó bo traballo..para
domingo esperanos un rival moi motivado..no seu campo difícil o teremos...