lunes, 16 de marzo de 2009

GRESANDE 0 - VILATUXE 2

Este domingo o Vilatuxe desplazouse ata o campo de Barcia para disputar o derbi máis interesante da xornada.


Nun principio o partido plantexabase complicado pola rivalide existente, pero os pupilos de Luis Pichel souberon saír victoriosos e deron unha lección de bo fútbol ante un Gresande que non soupo reaccionar.

Animados polos seus indondicionais saliron o terreo de xogo ansiosos por marchar de Barcia celebrando o tan merecido ascenso a Segunda Autonómica. A afición que parecía unha marea azul enfervorizada, vibraba con cada xogada, e animou a tope a estes rapaces que tantas alegrías nos teñen dado ó longo da tempada.

E como non podía ser de outra maneira o Vilatuxe marchou de Barcia co seu merecido premio e agora xa podemos decir que:

O VILATUXE XA É UN EQUIPO DE SEGUNDA AUTONÓMICA!!!

Dende aquí quero facer unha mención especial e destacar a figura do Mister. Penso que Luis é a persoa que máis se merece todo esto, xa que se desvive polo club e loitou máis ca ninguén por este ascenso. É digna de admiración a dedicación deste home a este deporte, a cambio de tan só a satisfación que da o traballo ben feito. Noraboa Luis!! Como xa dixeron todos o outro día na cea eres o epicentro deste equipo, e sen ti esta máquina perfecta de facer bo fútbol non funcionaría da mesma maneira.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - - - - -


A continuación paso a "copiar e pegar" as crónicas que me enviaron Alex, Santi e o Mister. Nelas describen perfectamente o acontecido.Thank you for your colaboration!!

Alex comenta que:

O Vilatuxe presentabase en Barcia, non só para gañar o “derbi”, senon coa oportunidade de conseguir os puntos q matemáticamente o farian equipo de Segunda Rexional.

O partido xa dende o principio foi dominado por completo por un Vilatuxe, que via como por medio dunha gran vaselina de Cangado, se poñia por diante no marcador.

Antes do descanso, Pepe tivo a oportunidade de poñer o 0-2 de penalti, pero impediuno unha boa parada do porteiro do Gresande. (persoalmente confiaba nun penalti o estilo Panenka, pero o ‘Mago’, o ver a posibilidade de morrer afogado en caso de erro pola ‘marea azul’ achegada a Barcia, decidiu tiralo forte e a colocar, lastima..)

A segunda parte empezou tamen con claro dominio por parte do Vilatuxe, tendo o Gresande moi poucas ocasions, e todas elas a balon parado. Xustamente a balon parado, e mais concretamente de penalti, puido poñer o partido mais interesante o Gresande, pero nin a eleccion no tirador da pena maxima, nin o sorprendente bico o esferico previo o lanzamento, fixeron q unha gran estirada de Marcos, impedira que o balon fose “rapido, raso, e a rede”. (*para iniciados vexase triple R)

Mediada a segunda parte, e tras culminar un contragolpe, de novo Cangado poñia o 0-2, e o ascenso prácticamente no peto.
De cara o final, o partido foise enfriando cos cambios, e tamen porque o equipo local quedaria con 10, logo dunha increíble pero simpatica auto-expulsion dun xogador do Gresande. (hai arbitros q non teñen sentido do humor).


Resumindo e acabando..
Empecemos a asumir que este ascenso non esta conseguido nos despachos a base de recursos, senon a base de esforzo, constancia e compromiso, demostrando tamen humildade, respeto e modestia domingo tras domingo.
Disfrutémolo, porque é merecido, e é noso!


Isto ainda non acabou, imonos despedir da terceira, por todo o alto, vamos polo campionato!!!!!!!!!!!

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - - - - -

Santi comenta que:

O DERBI MAIS ESPERADO VALEU PARA LOGRAR O ASCENSO!!

O FC Vilatuxe conseguiu a victoria máis importante da tempada ao derrotar por 2-0 ó Gresande, nun bo partido disputado no campo de Barcia.

Os goles do triunfo do cadro visitante foron obra de Cangado, mediada a primeira metade e de Sánchez xa na segunda. Con este resultado, o FC Vilatuxe logrou o ascenso de categoría quedando tres xornadas de liga por disputar. En moitas ocasións o equipo visitante viuse moi superior e foi o que creou mais opcións de gol, situación que precisamente ocorreu nos primeiros 45 minutos onde o Vilatuxe tivo mais tempo o balón, e foi o equipo que chegou con ventaxa ao descanso. Sería nunha xogada ben trenzada que sae dende defensa, na que Cangado escorado na banda esquerda recibe un balón que controla a bote e executa unha perfecta vaselina que nada puido facer o porteiro local. Sería o 0-1 merecido ata o momento.

Os da casa tiveron menos tempo o esférico pero as súas individualidades sacaronos algo adiante dende o inicio coas incorporacións de Brandido e o irmán de Matelo. O partido estaba a favor do Vilatuxe xa que creaban moito mais perigo á hora de chegar a área. En numerosos saques de esquina o líder da liga, puido abultar o resultado do marcador xa que os remates pasaban a rentes do pau. Pero sería unha clara ocasión para aumentar a renda un penalti claro logo dunha entrada por detrás a un xogador local. Pepe sería o encargado de executalo efectuando un bo tiro cruzado alto pero que o porteiro despexou, e lle caeu nos pes a Santi un tanto escorado pero que cun zurdazo cruzado atallou de novo o gardamallas moi acertado en todo o partido sen erros claros. Desperdiciando esta ocasión do penalti, o Gresande aproveitaría para irse ó descanso con algo de vida no partido.


Comezada a segunda parte dende o saque de centro, o Gresande elaboraría en dous pases curtos e un largo cara o dianteiro, unha xogada na que o balón dividido entre porteiro e defensa o porteiro Marcos sairía de puños para despexalo pero cun choque inocente e fortuito co dianteiro que a instancia do árbitro pitaría como penalti. Foi aqui o momento clave do partido para que o Gresande apurara as súas pouquísimas opcións de batir a portería visitante. Pero non sería así, grazas a un providencial Marcos que evitou que un tiro raso cruzado entrase na porta.

A partir de aquí o Vilatuxe buscaría o gol da tranquilidade e quizais mais se estivesen mais atinados en xogadas creadas de banda e bos centros á área. O gol chegaría de novo nun saque de córner que outra vez Cangado remataría no primeiro pau, cruzando de maneira impecable para que o gardamallas local só se permitira mirar como entraba. Subiría ó marcador o 0-2.

Chegaba así o merecido do partido xa que o líder fíxose ver de novo, cunha nova vitoria pero que sabía a algo moito mellor, o ansiado ascenso de categoría.

O FC Vilatuxe demostrou de novo o seu bo facer como equipo combativo e loitador que non dá por perdida calquera situación de partido. Agora queda conseguir o título de campións de liga e o trofeo zamora para o porteiro. Para iso tan só restan tres xornadas nas que o líder terá afán de superación.

Noraboa o equipo e ó seu bo traballo.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -- - - - - - - - - - - - - -

Luis comenta que:

Partido importante como todos os da tempada pero este era especial polos puntos que había en xogo.

Preparamos o partido durante a semana buscando os aspectos anímicos como factor importante para non caer en errores de concentración. Tamén valoramos aspectos de intensidad física por as situacións de disputa individual de choque e cargas que se iban a producir no partido. En canto a os conceptos tácticos sabíamos que o Gresande traballa sempre o ataque directo olvidándose do balón e buscando sempre ese erro defensivo ou o segundo balón. Con todos estes datos e valorando como estaba o terreo de xogo, o tipo de balóns, só nos quedaba desmenuzar o seu entramado defensivo. Xogarlles rápido con dous tres toques, buscando bandas cos nosos dianteiros para arrastrar os centrais da zona e aproveitar eses espacios tal como sucedeu no gol de Cangado ou na xogada do penalti cometido sobre Pepe.

Na segunda metade metemos xente qeu controla moi ben o tempo de partido como Michi ou Alex, e máis rápidez arriba con Roger. Defensivamente seguimos igual entrando Moncho que aseguraba control nos balóns aereos. Non chegamos a concretar as ocasións por estar lentos na zona de definición.

En definitiva, moita alegría por conseguir o obxetico tanto do partido como da tempada y darlle a noraboa ós xogadores porque eles son os principais protagonistas.

Saúdos. Luis Pichel (Mister)

Resultados da xornada:

Piloño 1 - 1 Atl. Balouta
Santiso 4 - 1 Camporrapado
Atl. Gresande 0 - 2 Vilatuxe
Cogalrodeiro B 0 - 2 Agolada
At. Melide 3 - 6 Cruces
Bandeira 2 - 1 Berres
Dozón 2 - 3 Prevediños

CLASIFICACIÓN:

















1 comentario:

Anónimo dijo...

moncho qe wapo !!!!!!!!!
xD jajajajaja