lunes, 2 de marzo de 2009

PILOÑO 1 - VILATUXE 3

Nesta ocasión a crónica mandaronma en conxunto o Mister e a Delegada, e comentan que:

O domingo pasado o Vilatuxe F.C. desplazouse o campo de "O Camballón" para disputar a xornada nº 22 contra o Piloño.



A alineación do Vilatuxe foi a seguinte:1-4-4-2


Os cambios levados a cabo no equipo durante o partido foron:
Pepe por Roger no minuto 61; Quintá por Alex no minuto 70; Michi por Rozas no minuto 80 e Santi por Alex no 85.

O partido estivo moi igualado durante os 15 primeiros minutos, nos que o Piloño empezou forte con xogadas ao choque e o Vilatuxe decantouse por un fútbol directo. Pouco a pouco o Vilatuxe foi collendo confianza e empezou a combinar as xogadas con máis precision, surxindo así dificultades para o equipo rival.
Os dous primeiros goles foron fruto desas xogadas combinadas. O marcador abreuse co tanto marcado por Pepe, ó que pouco máis tarde se sumou o de Marcos . Desta primeira parte destacar que houbo poucas xogadas a balón parado e moita forza no medio do campo por parte dos equipos. O Vilatuxe chegou o descanso con 0-2 a favor no marcador.

Xa na 2ª metade o Vilatuxe tivo moitas oportunidades de gol. A raíz do primeiro troque o medio do campo recibiu unha axuda extra que veu dada por Roger, co que o equipo conseguiu sorprender máis por banda, propiciando o desconcerto da defensa rival. O terceiro gol chegou despois dun pase da morte que Roger lle fixo a Cangado e este último culminou con gol. Decir que o gol deles chegou a raíz dunha falta ben tirada.

Destacar ós porteiros dos dous equipos, o do Piloño porque a pesar da veterania fixo un gran papel e a Marcos porque foi un mero expectador do partido. O Vilatuxe na 2ª metade temporizou moi ben, no apretou e adicouse a facer un partido táctico.



Creo que de Cangado aínda non publicara ningunha foto no blog (así que ahí queda esa, para que non se diga que sempre salen os mesmos).

Recordarlle os xogadores que esta vez perdistes a aposta e tocavos invitar a unha cenola. Recodovos que Toño cumpleu co pactado en dúas ocasións e supoño que vos tamén cumpliredes ...... Seredes homes de palabra??


Resultados da xornada:

Dozón 1 - 4 Santiso (jornada 13)
Dozón 1 - 2 Atl. Balouta
Piloño 1 - 3 Vilatuxe
Santiso 2- 5 Agolada
Atl. Gresande 1 - 1 Cruces
Cogalrodeiro B 0 - 1 Bandeira
At. Melide 0 - 1 Berres
Camporrapado 1 - 1 Prevediños

CLASIFICACIÓN:

1. Vilatuxe 55
2. Agolada 49
3. Berres 45
4. Bandeira 44
5. Cogalrodeiro B 38
6. Atl. Gresande 34
7. Cruces 33
8. Piloño 28
9. Santiso 28
10. At. Melide 23
11. Atl. Balouta 13
12. Camporrapado 10
13. Prevediños 8
14. Dozón 7

No hay comentarios: